• Revista Oink!

    Revista Oink!
    Author

    over 11 years

    Ola, entendemos que pode ser problemático nalgúns casos como as bibliotecas escolares.

    Nesta situación podedes contactar con nós directamente en revistaoink@revistaoink.com.

    A solución está en remitir un talón bancario polo importe que desexedes e nós faremos a a achega usando a nosa conta.

    Se finalmente non logramos o obxectivo en Verkami destruiríamos o talón. Se se logra o obxectivo proposto entón o faríamos efectivo no banco.

    Agardo que sexa unha solución factible para vós. Se non é así mándanos unhas liñas ao enderezo electrónico e xa vemos outras posibilidades.

    Moitas grazas por vos querer subscribir!

  • osquelemos

    osquelemos

    over 11 years

    Boa iniciativa esta de verkami, pero non é factible para todos... Escribo no nome dunha biblioteca escolar que quere subscribirse á revista. Nós só podemos pagar con domiciliación bancaria (nin tarxetas nin paypal) e queremos subscribirnos, non isto!

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Author

    over 11 years

    Si que é posible Xosé, pero penso que a eles vailles a gustar máis un dos premios que publicaremos en breve... e ata aquí podo seguir lendo ;)

    Grazas por que querer apoiar OINK!

    Un saúdo

  • Xosé

    Xosé

    over 11 years

    Plantaxábame apoiar o voso proxecto con 20€, quería ademais os números anteriores e gustariame que apareceran mencionados os meus tres sobriños. É posíbel isto??

    Moita sorte coa campaña!

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Author

    over 11 years

    Ola Diego, moitas grazas por querer axudar a que OINK! siga adiante. Especialmente coñecendo a revista de primeira man. Fainos pensar que o estabamos a facer ben.

    Como o proxecto en Verkami dura 40 días reservamos algúns premios para dosificalos. A próxima semana colgaremos algún para os que xa tedes as revistas e queredes axudar a que continúe.

  • Diego

    Diego

    over 11 years

    Súmome á petición de poder aportar 20 ou 25 euros, sen que teñades que enviar de novo as revistas que xa temos na casa. (Reenvío correo xa que non anterior tecleei mal o correo, desculpas).

  • Diego

    Diego

    over 11 years

    Súmome á petición de poder aportar 20 ou 25 euros... sen facervos gastar en revistas que xa temos na casa...

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Author

    over 11 years

    Ola Monstserrat

    os cursos de banda deseñada para bacoriños son na segunda quincena de xullo e primeira de agosto.

    Para os maiores trátase dun curso intensivo de verán de cinco días de duración polas tardes.

  • Montserrat

    Montserrat

    over 11 years

    Os cursos de banda deseñada, ¿son só pra nenos? Os adulto, ¿nos podemos ir?

    O curso de verán,¿en que mes sería? grazas e moita sorte!!!

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Author

    over 11 years

    Ola Lex, non che falta razón no que expós. Normalmente son os pais, que se preocupan polo que len os máis novos da casa, os que lles mercan as revistas.

    Uns contidos como os que facemos na revista non se poden atopar en liña.

    Tódolos medios que funcionan exclusivamente na rede teñen problemas coa monetización. Nós estamos a traballar nunha nova páxina web e veremos de levar a cabo o que plantexas.

    Moitas grazas polos ánimos.

Show more comments...