• Os Cempés

    Os Cempés
    Author

    over 13 years

    Moitas gracias Inesita, ¡pero qué festeiros e comedores somos nesta terra! imolo dar todo e máis nesas percebadas musicáis!!! bailoteo a mazo.
    ¡moitos bicos!

    ¿teremos con calma que ir xuntando as direccions postais de todolos que aportaron a traves de ti non? iso xa con calma, e os percebes que vaian medrando... pouquiño a pouco.

  • Ines Portela

    Ines Portela

    over 13 years

    Só unha cousa me podía facer máis ilusión que Os Cempés volvesen aos escenarios: que viñesen a darnos un concerto aquí mismiño, na nosa casa.

    Por eso cando nos comentaron deste método de financiamento do que será o seu novo disco, non o dudei nin un minuto: a polos 1200!

    Certamente non resultou moi complicado reunir pronto un bo grupo de persoas, pois decindo as palabras "concerto de Os Cempés" e "percebada" na mesma frase, convences a calquera. E se todo esto o aderezas cun pouco de churrasco, algún que outro postre caseiro... non vos quero contar!

    E así, entre familia e amigas e amigos cercanos enseguida nos xuntamos un número interesante, e entre uns e outros... fumos traendo máis festeiros.

    Establecemos unha cantidade mínima, deixando aberta a opción de que cada quen aportase o que considerase dentro das súas posibilidades, e así, tan só tres días despois de iniciarse a campaña en Verkami, xa fixemos a nosa aportación!!

    Agora só queda agardar a que chegue o día: xuntanza de amigos, música dos Cempés en directo... que máis se pode pedir!! E todo esto sabendo que, ademais, estaremos colaborando co noso grupo favorito!!!

    Pero que ganiñas de volver a ver aos Cempés!!

    Opa iii!!!!

  • Os Cempés

    Os Cempés
    Author

    over 13 years

    Gracias Amigo!! ainda temos que gravalo pero os temos están escollidos sonche ben fermosos, xa verás: iremos informando de tódolos progresos. non perderedes detalle.

  • Tonydelamas

    Tonydelamas

    over 13 years

    Moita sorte rapaces!!! Espero ver ese disco maravilloso prontiño nas miñas mans, e mais ainda vervos a vos en vivo e en directo!!! Unha aperta!!!!

  • Os Cempés

    Os Cempés
    Author

    over 13 years

    Isto vai coma un foguete, estamos sorprendidos e emocionados!!!!

    supoñemos que irá máis lento en adiante...

    Non sabedes as forzas que da sentir tanto apoio.

    Apertas e bicos a todos!!

  • Rosalia

    Rosalia

    over 13 years

    :)

  • Familia Iñíguez Cinza

    Familia Iñíguez Cinza

    over 13 years

    Moito ánimo, seguro que o conseguides! Pola nosa parte queda compartido no facebook! Sorte!

  • Tati Mancebo

    Tati Mancebo

    over 13 years

    Moita sorte. Paréceme xenial que optedes por esta vía. Estou desexando escoitar o disco :) Tuiteado fica pola miña parte.