• Asoc. Véspera de Nada

    Asoc. Véspera de Nada
    Author

    over 11 years

    Vou ollar algún exemplar desa colección que teño por casa, por se vir algunha referencia. De todos xeitos estamos a falar dunha edición en offset e seguramente tiran máis de 500 exemplares. A nosa está prevista en dixital, e estamos limitados ás opcións que nos dan as imprentas coas que temos contactado. Sería de agradecer que as críticas viñesen acompañadas de suxestións de imprentas que en Galiza traballen con ese papel a un peso menor de 90 gr/m2 e poidan asegurar unha boa cualidade. Se por irmos a un papel reciclado aumentamos o peso e polo tanto o custo por unidade, veríamonos obrigados e reducir o número de exemplares, pois o orzamento total xa está estabelecido. Tamén está a cuestión do custo enerxético do papel reciclado (enerxía incorporada), que habería que analizar se é menor có dun papel feito a partir de pulpa nova en plantacións locais, p.ex. Non é todo tan sinxelo.

  • Pantufo

    Pantufo

    over 11 years

    Ola:

    Boa pergunta, respondida cun desiderato... Sobre edición ecolóxica e papel reciclado recomendo os libros da icariaeditorial, colección antrazyt, cuxo papel é reciclado e a cualidade é moi boa. Sobran escusas e tecnicismos, papel reciclado, xa!

  • Asoc. Véspera de Nada

    Asoc. Véspera de Nada
    Author

    almost 12 years

    Non sei a que te refires con "papel fósil". O do papel reciclado estámolo mirando pero nas imprentas coas que temos contactado poñen algúns problemas, ou polo prezo ou por cuestións técnicas. Dado que queremos minimizar o peso final do libro para poder mandar o libro a un prezo económico ao tempo que teñamos o máximo número de follas, a cuestión aínda non está resolta: o uso do papel reciclado tamén vai influír no peso final.

    Tamén estamos a analizar a posibilidade de incluirmos algunhas páxinas a cor para que non perdan as magníficas ilustracións de Antía Barba Mariño.

    Como ves o tema da realización técnica aínda está sen pechar.

  • alexandre fernandes

    alexandre fernandes

    almost 12 years

    Olá:

    Conto que o guia vai ser publicado em papel reciclado, nom é? Duvido que seja em papel fóssil, mais neste país todo é possível.

  • Asoc. Véspera de Nada

    Asoc. Véspera de Nada
    Author

    almost 12 years

    Si, imos publicar en Creative Commons, aínda que noutra variante. Se non está indicado foi esquecemento noso. Veremos de corrixilo axiña. Temos que confirmar a licencia das ilustracións.

  • Henrique

    Henrique

    almost 12 years

    Pensastes en usar unha licenza creative commons? Especialmente unha que sexa libre tipo CC-by ou CC-by-sa.

  • Asoc. Véspera de Nada

    Asoc. Véspera de Nada
    Author

    almost 12 years

    Grazas polo teu interese.

    Si, aínda que se fala da recompensa en formato electrónico en PDF, tamén estamos abertos a usarmos outros formatos sempre que non haxa atranco técnico para os empregarmos. Neste tema falaremos cos interesados na versión dixital para que nos digan en cal prefiren que llelo enviemos, e tentaremos enviarlles no que prefiran.

  • Henrique

    Henrique

    almost 12 years

    Podedes ofrecer unha versión en formato epub?