❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Unha ollada a Viladoce

A asociación de ensinantes Lapis Verdes, coa vosa axuda, pretende editar un libro que sirva como atractiva excusa para desenvolver nas aulas actividades relacionadas coa saúde e co medio ambiente, coa maxia plástica aportada por un dos mellores ilustradores galegos de todos os tempos.

Lapis Verdes

Un proyecto de

Creado en

0
segundos
5
Aportaciones
110€
De 2.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

O noso proxecto consiste na edición dun libro destinado a Educación Primaria ilustrado por Leandro Lamas.

Trátase dun traballo moi útil para os centros de ensino, xa que del poden tirarse numerosas actividades relacionadas, especialmente, co medio ambiente e a saúde.

libro
libro

Portada e unha páxina do libro

Se todo sae ben, posteriormente venderemos os libros a un prezo módico (entre 5 e 10€) e cos cartos que recademos pretendemos financiar outro dos nosos calendarios didácticos, así como a seguinte exposición de Lapis Verdes.

(QUEN SOMOS)

O colectivo didáctico medio-ambiental Lapis Verdes é unha asociación legalmente constituída formada por ensinantes que imparten clases en centros diversos de Ferrolterra.

Lapis Verdes naceu no 2004 coa intención de realizar actividades relacionadas co medio ambiente. Dende aquel entón fomos facendo algunhas cousas entre as que podemos salientar, por estar relacionadas con este asunto, os almanaques didácticos e as exposicións.

Como saben os que nos coñecen , xa levamos feitos catro almanaques e catro exposicións que seguen a circular polos diferentes centros de ensino que o solicitan, cun interese lucrativo nulo.

calendar
calendar

Almanaque 2011

expo
expo

Unha das exposicións que facemos

Tamén realizamos moitas outras actividades como, por exemplo, a recuperación do Bosque dos Nenos, charlas sobre medio ambiente ou saídas didácticas. Algúns teñen a ben valorar o noso traballo desinteresado e, por exemplo, en 2008, recibimos o premio Diario de Ferrol

(CALENDARIO PREVISTO)

Tan axiña como tarden na editorial a preparalo o libro sairá á venda. Entre maquetación e edición, calculamos que dous ou tres meses serán suficientes.

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies