❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Edición de 'A memoria dos meus pasos', de Carlos Meixide

A novela de misterio nas rúas do Porto da que todo o mundo está a falar

Carlos Meixide

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
135
Aportaciones
2.527€
De 2.200€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

3200€ NOVO OBXECTIVO!!! POR UNHA EDICIÓN PORTUGUESA, COM CERTEZA (6/10/2017)

Feliz por ter atinxido o obxectivo inicial para a edición en papel da novela con dez días de antelación, quero propoñer un novo soño: chegar aos 3200€ para acometer unha edición en portugués. 'A memória dos meus passos' é unha historia portuguesa e acho que podería entrar ben no mercado veciño. Axudádesme?

Sinopse

"Hai unha semana, Paula mandoume unha estraña mensaxe de whatsapp: 'Venme buscar, por favor. Necesito que sexas ti' e non volvín saber dela. Por iso estou aquí, no Porto, na súa procura, pero semella que a tragou a terra talmente."

María Meijide
María Meijide

O obxectivo

A Memoria dos meus pasos, novela de misterio ambientada na cidade do Porto, foi publicada por entregas diarias en Praza Pública cunha excelente acollida durante o pasado mes de agosto. Foron moitas e moitos as que seguistes con entusiasmo a viaxe ao corazón da escuridade portuense do protagonista na procura de Paula, esa súa misteriosa ex-amante que desaparece dun día para outro sen deixar máis rastro ca unhas desconcertantes mensaxes de whatsapp...

Para as que xa gozastes da novela ou para as que aínda tedes a sorte de gozala por vez primeira, ofrezo con esta campaña de micromecenado a oportunidade de conseguir o libro en papel. Será coma sempre nunha coidada edición que contará co deseño de portada e contraportada da pintora compostelá María Meijide.

Ilustracións de María Meijide
Ilustracións de María Meijide

Capítulo 1 de 'A memoria dos meus pasos'

Necesitades un bo argumento para apostar por A memoria dos meus pasos? Velaquí o Capítulo 1

Capítulo 1: A memoria dos meus pasos

O autor

Dende que ten uso de razón, Carlos Meixide (Vilagarcía, 1977) concedeulle ao humor os mellores anos da súa vida, polo que non se pode dicir del que non teña sentido ningún... sempre poderá alegar o sentido do humor.

Máis coñecido como Arturito Puy no seu rol de ‘guapito’ do senlleiro dúo cómico-musical Os da Ría, ninguén esquece tampouco o seu inefable compromiso coa lingua galega no personaxe de Lázaro Bernabé, quen se cortó la polla por el gallego nunha campaña que aínda hoxe conmove a patriotas e escépticos da nosa cultura.

Por causa do seu acusado sentido do humor, a Meixide tamén lle pareceu divertido nun momento dado estudar a carreira de Xornalismo, mais logo entendeu que ningún fin xustifica os medios (galegos) e deixou de verlle o chiste á profesión. Contrariado e sumido na crise dos corenta, tomou daquela a resolución de lle dedicar menos tempo ao humor e máis ao diñeiro, e se fixo novelista.

Nos últimos anos autoeditou as novelas Ons e Cans, aventuras vacacionais dun grupo de adolescentes; e Inge e Robbie, a viaxe ao corazón da escuridade compostelá dunha parella holandesa en crise. Unha década antes dérase a coñecer con O Home Inédito, primeira novela en galego editada directamente na rede (e máis tarde en papel por Edicións da Rotonda).

Carlos Meixide
Carlos Meixide

A que destinaremos as vosas achegas

A campaña de crowdfunding pretende cubrir os gastos de edición en papel do libro, que consisten fundamentalmente en:

  • Impresión de 500 exemplares

  • Maquetación

  • Deseño

  • Tradución de diálogos ao portugués por Filipa Fava

  • Gastos de promoción

  • Presentación na vindeira edición do Culturgal!

Sobre as recompensas

As recompensas están relacionadas coa obra literaria e humorística do autor e editor da novela Carlos Meixide. Ofértanse en distintos packs os seguintes produtos:

ONS, de Carlos Meixide

-Novela xuvenil (recomendada a partir de 12 anos)

Catro rapaces inician as súas vacacións na Illa de Ons. Mais o primeiro día, un arrepiante descubrimento na praia converterá o seu verán nunha aventura trepidante e inesquecíbel...
Referencia en goodreads

CANS, de Carlos Meixide

-Novela xuvenil (recomendada a partir de 12 anos)

Os cinco de Ons chegan ao festival de Cans para gozaren dunha fin de semana de amor, humor e, sobretodo, moito cine. O que non saben é que un acontecemento inesperado vainos converter nos protagonistas dunha excitante aventura que nos atrpará ata o final...
Referencia en goodreads

INGE E ROBBIE, de Carlos Meixide

-Novela adulta

Unha parella en crise nun país en crise. Unha parella holandesa pretende salvar a súa relación mediante unha viaxe de pracer a Santiago de Compostela.
Referencia en goodreads

BESTIARIO DO VESTIARIO, de Martiño Suárez:

-Crónica xornalístico-literaria deportiva

Pioneiras incomprendidas, goleadores borrachos, nazis, ciclistas drogados, 'hooligans' bizantinos, campións negros, perdedores exemplares, rastafaris, filósofos gregos, santos e espías da RDA. 'Bestiario de vestiario' xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor.
Referencia en goodreads

HUMOR INFAME

Espectáculo humorístico do inefable Carlos Meixide. 50 minutos de chistes infames e abraiantes exhibicións memorísticas

A partir destes produtos, están dispoñibles os seguintes packs:












Acuarelas de María Meijide incluídas nas novas recompensas

A ponte de Luis I
A ponte de Luis I

Torre dos Clérigos
Torre dos Clérigos

O Douro visto dende a Rosimunda
O Douro visto dende a Rosimunda

Calendario previsto

Queremos que o libro estea dispoñible a partir do mes de outubro. Os envíos ou entregas de recompensas procurarán realizarse no menor tempo posible. Fóra de dúbida está, en todo caso, que se realizarán antes das datas do Nadal

+ Info

Reportaxe en Praza Pública

A memoria dos meus pasos. Os lugares da novela, publicado en Praza Pública

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

2 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • tranganillo

    tranganillo

    más de 6 años

    Feito, meu.

  • CRIS

    CRIS

    más de 6 años

    Invertir en cultura sempre é pracer!

Volver a todas las actualizaciones

#02 / Novo objectivo: 3200€ por uma edição portuguesa, com certeza

Estimad@s mecenas:

'A memória dos meus passos' é uma história portuguesa, com certeza. É por isso que gostaria imenso de fazer uma edição do romance em português dirigida ao mercado do pais vizinho.

O novo objectivo a atingir, por tanto, é 3200€

Ajudam-me a espalhar?

Obrigado a tod@s!!!

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#01 / CONSEGUÍMOLO!!!

Grazas ás vosas achegas, conseguín o obxectivo marcado para a edición en papel da miña novela. Non podo máis que mostrarvos o meu máis profundo agradecemento.

O libro xa está na imprenta, polo que nun prazo de dez días aproximadamente estará na rúa. Daquela comezarei a entregarvos as vosas recompensas.

De todos os xeitos, dado que aínda quedan nove días de campaña quero acometer un novo obxectivo: o lanzamento dunha pequena edición en portugués para o mercado do país veciño.

Coma sempre, ficarei agradecido se me axudades a difundir este novo reto.

Emocionado como estou polo voso apoio, só podo desexar que desfrutedes do libro.

BICOS E APERTAS DO VOSO:

MEIXI

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies