tag:www.verkami.com,2005:/projects/15845-lirica-gastronimica-para-a-diaspora-galega/blogLírica GastroNímica para a diáspora galega2016-12-26T18:33:16Ztag:www.verkami.com,2005:Post/281652016-12-26T18:33:16Z2017-10-13T17:57:46ZRematada a campaña, publicamos os resultados en cifras
Hoxe saiu para Cuba o derradeiro dos libros que puidemos enviar grazas ás xenerosas 36 persoas galegas que puxeron os cartos que a Xunta do PP non quixo poñer para facer posible esta fermosa campaña. Con iso quedan esgotados os fondos conseguidos e damos por rematada a compaña.

Podedes ver as cifras no blog oficial da nosa asociación.

Grazas de novo a todas e todos os que axudastes coa vosa solidariedade a facer realidade o lema da campaña: "Libri Fratresque Gallaeciae" (Libros... e irmaos galegos!).

2016-12-26T18:33:16ZFillos de Galiciaames@fillos.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/271612016-11-05T11:22:20Z2016-11-05T11:22:43ZHoxe enviamos as recompensas en forma de libros aos mecenas
Hoxe sábado 5 de novembro depositamos na oficina de Correos todos os paquetes de libros destinados ás persoas que fostes mecenas (lembrade: só se fuches mecenas con achegas de 22, 36 ou 100 € has recibir libros). Só nos falta unha persoa por enviarnos o seu enderezo postal, e esperamos que nola faga chegar nos vindeiros días para completar o 100% das recompensas físicas.

Unha vez descontados os gastos de campaña e estes gastos de envío dos libros a algúns mecenas, o resto será dedicado a enviar os libros ás persoas da Diáspora que os solicitaron, é dicir, ao obxectivo principal da campaña #LiricaGastroNimica.

Seguiremos informando do desenvolvemento da campaña, tanto aquí como nas páxinas e perfís oficiais da nosa asociación nas redes sociais. Non deixes de seguirnos se aínda non o fas! :-)

https://twitter.com/fillosdegalicia

https://www.facebook.com/Fillos-de-Galicia/

2016-11-05T11:22:20ZFillos de Galiciaames@fillos.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/269842016-10-27T10:37:16Z2017-10-13T17:57:28ZA #LiricaGastroNimica consegue o seu obxectivo!! Enviaremos máis de 40 paquetes de libros
Este pasado martes finalizou a campaña que desde a Asociación Cultural Fillos de Galicia puxéramos en marcha para suplir a falta de axudas da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, que nos deixara este ano con 0 euros para facer os nosos envíos gratuítos de libros á xente da diáspora, actividade central para nós durante os últimos anos, como se pode comprobar nas novas do noso blog oficial.

Grazas a 36 mecenas, galegas e galegos xenerosos e fraternos coa nosa diáspora, máis de 40 paquetes con libros de cociña galega, antroponimia e poesía viaxarán por todo o mundo até moi diversos lugares onde moran galegos e persoas de ascendencia galega que tamén se sinten membros diso que nós chamamos a Nación Mundial Galega.

Nos vindeiros días irémonos poñendo en contacto tanto cos mecenas como coas persoas beneficiaras dos envíos, ás que lles iremos enviando os seus libros por rigorosa orde de solicitude até esgotarmos os 806 € conseguidos, unha vez descontados os lóxicos gastos de campaña (Verkami, bancos, impostos, etc.).

Dámosvos oitocentas grazas a todas as persoas que axudastes a facelo posible, facendo voso o lema de Libri Fratresque Gallaeciae (libros e irmáns galegos): con achegas económicas, con difusión, etc.

Lembramos a todos que Fillos de Galicia facémolo entre todos, e que é unha organización democrática aberta á participación como socios ou colaboradores de calquera persoa interesada no mantemento da galeguidade na diáspora. Contacta connosco se queres seguirnos axudando dalguna outra maneira :-)

2016-10-27T10:37:16ZFillos de Galiciaames@fillos.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/269132016-10-24T05:59:26Z2017-10-13T17:57:27ZTemos 1 día máis para lograr facer máis envíos de libros!
Hai apenas unhas horas que logramos o obxectivo previsto e polo tanto a #LiricaGastroNimica será unha realidade: enviaremos os 40 primeiros envíos previstos de libros.

Agora temos 1 día máis (fixéramos mal o cálculo e a campaña remata o martes 25 ás 15 h peninsular española) para lograr máis achegas que nos permitan facer máis envíos, e así dar resposta a esas 70 persoas que fixeron solicitudes de libros que aínda non temos diñeiro para atender (un total de 110).

Así que durante estas derradeiras horas de campaña aínda podemos facerlle difusión, sabendo que será unha realidade, e que agora só cabe mellorala ampliando o número de libros enviados, e o número de persoas beneficiarias dos mesmos!

Grazas a todas as persoas que o fixestes posible e esperamos poder facer moitos máis envíos, finalmente!

2016-10-24T05:59:26ZFillos de Galiciaames@fillos.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/268792016-10-20T16:57:00Z2017-10-13T17:57:27ZCreamos un GIF animado con comentarios das persoas solicitantes
Vimos de publicar nas redes sociais un arquivo en formato GIF animado que reproduce algúns dos comentarios das numerosas persoas de orixe galega que solicitaron recibir os nosos libros. Isto é, das persoas que serán as principais beneficiarios da solidariedade dos nosos mecenas, e que a Xunta de Galicia despreciou negándonos este ano calquera axuda para este fin.

Compartímola convosco tamén aquí para que coñezades o que esta iniciativa fai sentir a tanta da nosa xente que, lonxe da nosa (da súa) terra, devecen por recibir estes vehículos de cultura e de fraternidade que son os nosos 3 libros.

Nestes intres (día 20 de outubro, 18 horas Hora Galega) estamos no 62% do diñeiro preciso e faltan apenas 4 días para que remate o crowdfunding, e polo tanto solicitamos toda a vosa axuda, en forma de achegas ao mesmo ou de difusión entre todos os galegos e galegas. Este GIF animado pode axudarvos moi ben a explicar aos vosos contactos qué pretende conseguir a #LiricaGastroNimica e por qué tan importante apoiala.

Grazas a todos os que nos estades axudando a facelo posible.

2016-10-20T16:57:00ZFillos de Galiciaames@fillos.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/268032016-10-17T07:00:52Z2017-10-13T17:57:26ZAntoloxía poética da diáspora galega: un libro único a piques do seu X aniversario
Un dos 3 libros que queremos enviar á nosa xente da Diáspora é a Antoloxía poética da diáspora galega, un libro pioneiro en dar voz aos poetas da Galiza exterior, que no ano 2017 cumprirá 10 anos da súa publicación.

Se nos axudas a que a #LiricaGastroNimica chegue a bo porto e logremos durante esta semana que apenas nos resta até a data de remate do crowdfunding poderán viaxar moitos exemplares deste libro de poemas a diversas partes do mundo onde unha persoa de orixe galega quere desfrutar os seus poemas cargados de galeguidade, poemas a cargo de **Alfredo Pedro Guisado, José E. Conde Masdiaz, Juan Antonio Aguilar Abad, David Ferreiro Nieto, Guido Roberto Lanzós, Fernando Somoza Varela, Stella Maris Latorre, Lito Caramés, Margarida Santos , Amauta Castro, Neli Rodríguez, Manuel Casal Lodeiro, Enríque Rodríguez Álvarez, Roberto César Hermida, Antonio José Francisco Rey, Leónidas Lúa Lacorme, Patricia Sanjorge, Roxelio Diz Fuentes,

David Pereda, e Manuel Diz Ramos.**

Velaquí reproducimos o texto de presentación (Limiar) co que se abre o libro:

Comezarei co que non é. Esta escolma non é unha selección de poemas que traten sobre a emigración galega. A nosa intención no foi convertir unha determinada temática no eixo ou criterio selectivo da antoloxía, senón as persoas: os poetas de expresión galega que viven na diáspora, os poetas galegos do mundo. Poetas nun sentido amplo, no que manda máis o sentimento que o prestixio, a vocación de se expresaren usando a nosa lingua —ou cando menos tendo na mente a súa galeguidade— que a relevancia que dá ter obra publicada. Moitos dos que finalmente recollemos neste libro son por tanto poetas descoñecidos, tanto dentro como fóra da Galiza territorial. Outros teñen máis ou menos sona no seu país, e os hai tamén que só son atopables na Rede.

Este proxecto naceu do longamente agarimado soño de lles darmos voz a eses poetas invisibles, a eses modestos poetas lonxanos, —illas galegas náufragas en mares doutras culturas, doutras linguas— sacar os seus sentimentos do privado ao mundo, dese constante agromar que contemplabamos, do que eramos conscientes polo noso traballo cultural e social de interacción coa diáspora galega no mundo, xuntando un feixe representativo desas obras e dándolle o soporte físico que merecía. E non puidemos facer ese soño realidade ate hoxe, que co apoio da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia fomos quen de financiar esta modesta edición, que vai multiplicar a potencia desas pequenas voces ate facelas chegar a todos os que queiran escoitar estoutra poesía galega, a que nos vén de fóra. Disque somos un pobo que leva a lírica nos xenes, que Galiza é un país de poetas: nós queremos amosar que esa lírica non ficou atrás cando parte dese país fixo as maletas. Levárona con eles, porque non se pode deixar atrás aquilo que nos fai ser o que somos. E iso hérdase, trasmítese coma a morriña, dun xeito inexplicable, a aqueles que nunca pisaron a Terra Nai. Así é que nos naceron sempre (Camões, Cervantes Saavedra, Juana de Ibarburu, Erin Moure, Rodolfo Alonso...) e nos nacen aínda hoxe poetas galegos fóra de Galiza.

Xa que logo, o principal logro desta obra é a súa propia existencia. Por vez primeira —que a nós nos conste— dase a palabra a todo galego de corazón sen mirarlle a súa procedencia, o seu documento de identidade, nin o seu idioma de expresión. Así e todo, partindo de que a literatura galega é a literatura en galego, realizamos algunha tradución das obras remitidas e pedimos que de non estar escritos en galego, os poemas achegados polos autores fosen cando menos de temática galega. Temos por tanto como resultado unha obra lírica construida con Galiza no corazón, ben como tema ou ben implicitamente polo uso do idioma. Este é un feito moi descoñecido na Galiza territorial: o idioma galego pervive en moitos lugares do mundo pero non só como un idioma familiar, senón que é usado para expresar, para comunicar, para crear arte, para facer poesía, para expresar unha visión do mundo... por galegos que levan anos fóra, pero tamén -velaí a esperanza! velaí o grande tesouro que pretende descobrir esta obra!- entre os fillos e os netos dos que marcharon. Somos un pobo dual, unha Nación Mundial, non soamente un censo de residentes ausentes do que nos lembrarmos o día das eleccións. O galego e a galega sono vivan onde vivan, naceran onde naceran, só con que o seu sentimento e expresión así llo revele. Polo tanto, en consonancia co que o poeta chairego Manuel María dicía, non somos emigrantes, somos Galiza. Porque somos pobo, porque somos fala. Somos a diáspora que soña, crea, vive en galego; que afastada da súa raíz, bota raíces aéreas nunha lingua que nos fai ser quen somos.

Un fenómeno imparable como a Comunidade Virtual Fillos de Galicia (Fillos.org) demostra o lado social, comunicativo e mesmo politicamente activista desa diáspora. Agora chega a hora de amosar outra faciana desoutra Galiza: o lado creador, artístico. A poesía galega no exterior non son só Seoane & Varela, “Castellanos de Castilla, tratade ben os galegos...”, A viaxe ao país dos ananos, Neira Vilas ou as revistas literarias históricas publicadas no exilio... non é algo puntual, coxuntural, historia da literatura: ten futuro. Mentres existan galegos no mundo, a nosa lingua terá poetas espallados polo mundo. Porque non só se expresa en galego o exiliado económico, o que pretende voltar, "derrubado e a vez afirmado polo tempo, / en moitedume, / con tódolos que erráneos coma eu andan esparexidos polo mundo" (Luís Seoane, Fardel de Eisiliado, 1952). Esta antoloxía pretende salientar que hai unha poesía nova entre os outros galegos, os nados-aló, os que non esperan ese retorno bíblico á Terra Prometida. E polo tanto o tema que imos atopar nestas páxinas non é sempre a saudade, a lembranza, a dor da amputación migratoria, o choque cultural, o desapego... os temas son outros, máis amplos, os mesmos que lles doen aos poetas galicianos. Seguramente esa lírica de ampla temática está infrarrepresentada no resultado final desta escolma. É certo que moitos quedaron fóra, e que os que participan non o fan con toda a súa obra. E por iso a temática migratoria segue a ter un grande peso nestas páxinas, porque é o primeiro, é o cerne da súa propia existencia como exogalegos. Pero xa non é o único tema: a nosa lingua está a servir, cada día máis, para os que xa non se consideran parte da emigración —porque eles nunca migraron— senón parte da Diáspora, expresen nela todo tipo de sentimentos en forma lírica.

A obra que tes agora nas mans, galega ou galego de aquí ou de acolá, foi ideada na diáspora por un fillo de galegos nado na Basconia, coordinada por un galego emigrado actualmente en Suíza, e formada a partir de obras escritas nunha presada de países por moi diversos galegos e descendentes (galegos todos), moitos deles vellos ou novos participantes en Fillos.org. Sen dúbida é unha representación escasa do amplo colectivo poético da nosa diáspora, pero é un comezo. Tivemos tamén o desexo de incluirmos a Alfredo Pedro Guisado, un poeta inxustamente descoñecido, un fillo de galegos nado en Portugal en 1891, para abrir con el a escolma e dar sentido de continuidade histórica á nosa lírica exterior. Saber de onde vimos e cara a onde seguimos indo, coa lírica inserta nos nosos migrantes xenes. Con este libro, unha vez máis, en Fillos de Galicia estamos a facer de ponte entre as dúas partes inseparables da nosa alma. Non podemos senón expresar satisfacción e agradecemento cara a todos os que o fixeron posible. Grazas por lle dardes luz ao noso sentir.

Axúdasnos a distribuír este libro (e outros 2) de balde polo mundo adiante? Grazas!

2016-10-17T07:00:52ZFillos de Galiciaames@fillos.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/263192016-09-17T18:44:56Z2017-10-13T17:57:19ZNovas achegas: 5 e 9 euros para a #LíricaGastroNímica
Desde hoxe na campaña da Lírica GastroNímica tamén se poden facer achegas máis económicas cás inicialmente indicadas: por 5 e 9 euros tamén podes axudar a enviar estes 40 paquetes de libros galegos polo mundo.

Fixemos este esquema visual para ver máis doadamente, dunha ollada, por cada tipo de achega qué conseguimos (por unha banda en tema de envío de libros á xente da Diáspora, e pola outra a xeito de recompensa para cada mecenas que nos axuda):

Grazas a toda a xente que xa comezastes axudas! Grazas irmaos e irmás! :-)

Libri Fratresque Gallaeciae!!

2016-09-17T18:44:56ZFillos de Galiciaames@fillos.org