HISTORIA CONTEMPORÁNEA
Vicky Polard é un grupo de sociópatas que viven cas súas nais. Facemos música. A música é unha arte. A banda pretende moverse por toda Galicia creando intoxicación acústica alá adonde vaia, promovendo unha mensaxe de amor, paz mental e problemas financeiros. Gústannos as cousas.
DESTINO DAS APORTACIÓNS E RECOMPENSAS
Vicky Polard quere gravar o produto da súa demencia en forma de novo album, e para iso necesita unha pequena axuda. Ca recaudación conseguida, por primeira vez seremos capaces de lanzar un ente formado por un album gravado e producido no Laboratorio Soyuz (Hevi), o seu mastering correspondente, unhas camisetas deseñadas polo noso deseñador favorito, e outras cousas materiais de dudosa importancia. Como este increíble setlist de fai séculos!!
Confiamos na vosa colaboración para alcanzar este obxectivo. Por iso, as recompensas van desde a entrega de merchandising superguay, a realización de cousas estúpidas, entradas aos concertos de presentación... Ademáis, cada vez que aportas cartos ao noso proxecto, un gatiño recibe un platiño de leite e unha caricia.
CALENDARIO
O album gravarémolo a finais de xullo, en agosto enviarase a masterizar, e entre setembro e outubro o grupo xirará por toda Galicia cas novas cancións repartindo as recompensas polas distintas cidades.
Na páxina de facebook do grupo podes comentar, preguntar, suxerir, insultar e regalar palabras de afecto.
Facebook
1 comentario
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Copias de CD's
Hola chicos veo que estáis haciendo un proyecto, para la fabricación de vuestros CD's, tenéis precios? En caso afirmativo si nos lo hacéis llegar LO MEJORAMOS!! Un saludo, Isaac Dios - [email protected]