Para poder interactuar correctamente e obter o mellor funcionamento posible do noso sitio web,           recomendámosche que actualices o teu navegador a unha versión máis recente ou uses outro como Chrome ou Firefox.

Estreanos nova web !

Galicia Portobello Road

Curta que mostra un momento na relación dunha nai e unha filla. Gravarase en Londres en galego e inglés. Quero contar esta historia porque: a emigración é importante para min, porque me fascinan as relacións personais e porque creo nas historias de mulleres contadas por mulleres.

Adriana Paramo Perez

Un proxecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
106
Mecenas
5.650€
De 5.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano e English

A MIÑA IDEA E O MEU TRABALLO
A idea da curta 'Galicia Portobello road' emerxe nun momento na miña vida no que empecei a ver a miña nai como muller, máis alá de vela como nai. Ademas disto, sempre me fascinou a pegada que deixou a comunidade española, e en concreto os galegos, que emigraron a esta cidade décadas atrás. En Portobello road atópase un mural conmemorando a axuda que prestaron as tropas de Kensington na Guerra Civil española, e tamén, o único colexio español do Reino Unido no que ademais se imparten clases de galego.

Mural en Portobello road


Colexio español Cañada Blanch en Portobello road, anteriormente un convento de dominicas

Os temas da emigración, a comunicación, as mulleres...repítense no meu traballo pero sobre todo encántame explorar como nos relacionamos os seres humanos.
Para ver de que vai o que fago, podes ver Illa Pedra, a miña anterior curta.
Tamén podes seguirme en Twitter

SINOPSE
A nai de Celtia, María, ten a oportunidade de vender o restaurante que rexentou durante 40 anos na zona de Portobello road en Londres, a unha coñecida cadea de supermercados para poder retornar a Galicia e retirarse alí coa súa actual parella. Celtia, frustrada no seu traballo, ve entón truncado, o seu soño secreto de dirixir o restaurante onde ela se criou. Nun intento de convencer á súa nai para que quede, vai falar con ela, cando María está empaquetando pratos, vasos... e recordos. Nestas circunstancias, as dúas aprenderán a entenderse como mulleres máis alá do seu vínculo materno-filial.

DETALLES PRÁCTICOS
A curta gravarase en Londres, na zona de Portobello road, en galego e inglés. A acción sucede principalmente no restaurante, durante unha conversa entre María (a nai) e Celtia (a filla). Ademas das dúas personaxes centrais, tamén está o mozo de Celtia, James, que a empurra a perseguir o seu soño e enfrentarse coa súa nai.
Visita o noso facebook para enterarte de máis detalles, ver fotos e estar ao tanto doutras publicacións e artigos relevantes.

EQUIPO

Adriana Páramo é a directora e guionista, e ademas dela, hai persoas estupendas involucradas na curta porque cren no proxecto.
Lucía Regueiro no papel de Celtia, a filla.
Mariana Carballal no papel de María, a nai.
Algunha das recompensas inclúe foto asinada por elas.
María Ugarte Galiana: Productora
Xan Campos Trío: Música. O seu tema está incluido no vídeo da campaña e ademas podedes conseguir un CD con 3 temas que se incluirán na curta.
Xela Cuñarro: Fotógrafa. Algunhas das recompensas inclúen unha foto de Galicia ou Londres tomada por Xela Cuñarro con temática relacionada coa curta, cun verso Lara Dopazo.


Foto de Xela Cuñarro, exposta en Foyles, Londres, como parte de Love Charing Cross Road Photography Exhibition (2013)

A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS APORTACIÓNS
As vosas aportacións servirán para facer esta curta realidade!
Se queres ver como acaba a historia entre Celtia e María, axúdanos! A directora, e o resto do equipo xa están en Londres, pero o máis importante é ¡traer ás actrices! Necesitamos o diñeiro para os billetes de avión, o hotel, o metro...
Ademais destas cousiñas de producción, o importante é A RODAXE.
Serán dous días de rodaxe intensos nos que, ademais de alugar a cámara, as luces, o micro... un equipo dunhas 15 persoas ten que comer!
Despois da rodaxe non se acaban os gastos...tamén hai que alugar unha furgo para devolver o equipo, montar a curta, mandala a festivais...
Como vedes, non só se precisa unha cámara, senón que hai moitas cousas detrás para que unha producción saia adiante, por iso precisamos das vosas aportacións!

CALENDARIO
Preproducción: xullo, agosto
Nestos meses daremos os últimos retoques ao guión, alugaremos as localizacóns, pediremos os permisos necesarios para poder gravar, e tamén ensaiaremos coas actrices!

Rodaxe: última semana de agosto
Durante estes días temos que gravar ¡toda a curta! Dez páxinas e cinco esceas.

Postproducción: setembro, outubro
A curta vai á 'mesa de edición'. Elíxense os planos, axústanse o son e a cor, pero o máis importante, é aquí onde realmente se conta a historia! Directora e montador pasarán días decidindo que planos contan mellor a historia que todos queremos ver.

Recompensa: decembro e xaneiro. Haberá dúas entregas, unha para os mecenas que vivan en Londres, e outra para os mecenas que vivan en Galicia.

Gracias por apoiar este proxecto. Fagamos esta curta xuntos!

LINKS para seguirnos:
Facebook
Twitter
Vimeo

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

4 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Adriana Paramo Perez

    Adriana Paramo Perez
    Autor/a

    2 anos

    Hola, te acabo de mandar un email! :)

  • Katja Rothamel

    Katja Rothamel

    2 anos

    Hola a todos, no sé si no me di cuenta: cuando puedo ver la peli bajándola? y cuando puedo escuchar la música de jazz como patrona de 20€? :) no utililzo tanto el FB pa enterarme de muchas cosas. Vi el éxito de la peli. felicidades! saludos Katja

  • Miguel Ángel

    Miguel Ángel

    máis de 3 anos

    Enhorabuena por alcanzar y superar el objetivo. Nos alegramos de que nuestro 'Sello de Calidad ace' haya contirbuido a ello. Miguel Ángel Escudero. Director Técnico Agencia del Cortometraje Español(ACE)

  • EscuderoMA

    EscuderoMA

    máis de 3 anos

    Hola Adriana. Somos la Agencia del Cortometraje Español(ACE). Si quieres que te otorguemos nuestro 'Sello de Calidad' para ayudarte a conseguir la financiación de 'Galicia Portobello Road' escríbenos a agencia@acesp.info y te informaremos.

#06 / Despois da pre estrea de Galicia. Portobello Road

Moitas gracias a todos os que compartiron con nós a tarde do luns 29 de decembro no auditorio de Vigo!
Proxectouse por primeira vez Galicia Portobello Road, e foi acollida con moito cariño!
Sen o voso apoio nada disto tería sido posible. Esperamos que vos gustara e que a partir de aquí, a curta teña unha longa viaxe por festivais en distintas partes do mundo!!
Empregaremos este blog e a páxina de facebook para seguir informando.
Asimesmo, poñeremonos en contacto cos mecenas que aínda non recibiron os seus regalos.

A curta ten un pedaciño de cada un de vós!

Adriana Páramo e o equipo de Galicia. Portobello Road.

#05 / Pre Estrea de Galicia.Portobello Road / Private Screening Galicia. Portobello Road

Despois de intensos meses de montaxe e postproducción, estamos moi contentos de despedir o ano coa curta lista!
O 29 de decembro haberá unha pre estrea no auditorio do concello de Vigo, ás 19 horas.
Aínda que esto foi posible a última hora, convidamos a todos os mecenas a asistir, xa que se fará a primeira entrega dos regalos. Se alguén non pode vir, non pasa nada porque haberá máis proxeccións en 2015, e ademais a curta como parte das recompensas se entregará on line a cada un de vós.

Estamos desexando compartir a curta con vós! Só esperamos que disfrutedes dela xa que esto non tería sido posible sen o voso apoio!

Gracias!

Esperámosvos!

Adriana Páramo e o equipo de Galicia.Portobello Road

After some intense months editing, we are really happy to announce that we will be saying bye to 2014 with the film ready!
On Monday 29th December there will be a screening in the council's screening room in Vigo, at 19hrs.
ler máis

#04 / RODAXE REMATADA / SHOOT DONE

O domingo 17 e luns 18 de agosto levouse a cabo a rodaxe de Galicia Portobello Road. Estamos moi agradecidos a tódolos que apoiaron o proxecto dende o principio! A rodaxe saíu moi ben gracias a un equipo de persoas incrible!
Agora toca montar a curta!
Seguiremos informando.

O equipo de GaliciaPortobelloRoad

Shoot is done! We filmed Galicia Portobello Road on Sunday 17th and Monday 18th of August. We are really thankful to all the people that supported this project from the beginning. Shooting went well thanks to a great team of people! Now it's time to start editing!
We'll keep you updated

The team behind GaliciaPortobelloRoad

#03 / Novedades/News

Como xa sabedes conseguimos, e pasamos do obxectivo.
Gracias a tódolos mecenas outra vez!

Agora estamos moi cerca de rodar!
Anunciamos que Lucía Regueiro finalmente non poderá acompañarnos na rodaxe pero Estíbaliz Veiga será a actriz que dará vida á personaxe de Celtia.

Estamos preparando con ilusión a rodaxe e estamos seguros de que Galicia Portobello Road non defraudará!
Xa vos iremos informando paso a paso de como avanza a rodaxe.

As you know we managed to pass our initial goal.
Thanks to all the patrons!

Shoot is coming soon!
We announce that Lucía Regueiro won't be able to be with us during the shoot but Estíbaliz Veiga will be the actress palying Celtia.

We are organising the shoot and we are sure Galicia Portobello Road will keep up with the expectations!

We will be keeping you up to date on any other news!

#02 / Galicia Portobello Road consigue el sello de calidad ACE

Estamos encantados de anunciar que Galicia Portobello Road ha conseguido el sello de calidad ACE:

Una vez leído el guión cinematográfico ‘GALICIA PORTOBELLO ROAD’ escrito por ADRIANA PÁRAMO PÉREZ, analizado el dossier del proyecto de cortometraje que se desea llevar a cabo, habiendo constatando la profesionalidad y experiencia como realizadora de, ADRIANA PÁRAMO PÉREZ, YO Miguel Ángel Escudero, Director Técnico de la Agencia del Cortometraje Español(ace)® le otorgo en nombre de esta agencia el ‘Sello de Calidad ace®’ a dicho proyecto de cortometraje por ser una obra de destacado interés cultural y cinematográfico.

No os olvideis de compartir y colaborar para hacer este corto realidad!
http://www.verkami.com/locale/es/projects/8926

#01 / Primera semana de crowd funding / 1st week of crowd funding

¡Hola a todos los mecenas!

La primera semana de crowdfunding ya se ha acabado, y aunque hemos tenido buenos resultados, necesitamos de vuestro apoyo para seguir compartiendo la campaña con otra gente, ¡aún quedan 33 días!
Las últimas noticias en la promoción de la campaña es que GaliciaPortobelloRoad está ahora también en ¡YouTube! Y como teníamos tanto material de las actrices, hemos decidido subir otros clips en los que nos hablan de por qué quieren colaborar en el corto.

Lucía Regueiro y el papel de Celtia

Mariana Carballal y el papel de madre

Muchas gracias de nuevo por haber colaborado y por creer en el proyecto. Esperamos que muchos otros, decidan como vosotros ser mecenas y así podremos hacerlo realidad.

¡Seguiremos en contacto con más novedades!

Adriana Páramo y el equipo de Portobello Road

Hello to all of the patrons!
ler máis

5€
10 Mecenas

Crédito nos agradecementos

10€
24 Mecenas

Enlace privado para visionado e descarga da curta en internet
+Crédito nos agradecementos

20€
24 Mecenas

CD, con temas de jazz incluídos na curta, de Xan Campos Trío.
+ DVD
+ Crédito nos agradecementos
+ Vídeo nos créditos (optativo). Se o que aporta quere participar de forma activa, pode mandarnos un vídeo de non máis de 30 segundos no que amose, ou fale dun un momento de intimidade coa súa nai, ou algo que lle guste dela. Estos vídeos incorporaranse durante os créditos na curta.

30€
15 Mecenas

Foto de Londres ou Galicia por Xela Cuñarro cuns versos de Lara Dopazo, asinada polas actrices
+CD
+DVD
+Enlace para descarga e visionado en internet
+Crédito nos agradecementos

45€
14 Mecenas

Proxección con charla coas actrices/directora
(haberá un evento en Galicia e outro en Londres)
+Foto cuns versos asinada polas actrices
+CD
+DVD
+Enlace en internet
+Crédito nos agradecementos

120€
15 Mecenas

Degustación de filloas coas actrices/directora
(Haberá un evento en Londres e outro en Galicia)
+Proxección con charla coas actrices/directora
+Foto con versos asinada polas actrices
+CD
+DVD
+Enlace para descarga e visionado
+Crédito nos agradecementos

500€
4 Mecenas

Crédito como productor executivo
+ Degustación de filloas para dúas persoas coas actrices/directora
+ Invitación á proxección para dúas persoas coas actrices/directora
+Foto cuns versos asinada polas actrices
+CD
+DVD

As cookies axudarannos a ofrecer os nosos servizos. Ao continuar navegando aceptas o seu uso.