❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Pensares Galegos, novo disco de "A Compañía do Ruído"

“A Compañía do Ruído”, banda galega con máis de dez anos e varios traballos publicados, quere gravar o seu novo CD: “Pensares Galegos”; no que non faltará a súa orixinal mistura de ritmos, as súas letras irónicas e combativas, así como a recuperación de varios “cantares” da terra.

0
segundos
78
Achegas
2.435€
De 2.200€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

"A COMPAÑÍA DO RUÍDO"
É una banda galega integrada por seis persoas que dan vida a unha orixinal mistura de diferentes estilos. Destaca a ironía das súas letras, que mandan mensaxes combativos a través de ritmos bailables e divertidos, dende o folk ao rock, pasando polo ska, punk, reggae, entre outros.

"PENSARES GALEGOS"

En esta ocasión queremos gravar un novo traballo, “Pensares galegos”, que incluirá nove cortes da banda, dous temas extra dos “Diplomáticos de Montealto” e “Zënzar”, así como unha escolma de “cantares” tradicionais da terra.

Non se trata só de un disco máis da “Compañía”, senón dun proxecto máis amplo, transversal e integrador da cultura galega; dende o máis tradicional ao máis actual e do que podedes formar parte!

Case todos os discos de “A Compañía do Ruído” están fabricados artesanalmente pola propia banda e, como non podía ser menos, en esta ocasión temos preparado un deseño que poderedes montar na casa: Un kit de auto-montaxe!!

EQUIPO DE CREADORES

Para levar a cabo este proxecto contamos coa participación de técnicos, deseñadores, pequenas fábricas de edición de CDs e músicos de Galicia tales como Tomás Ageitos, Culturactiva, ou Jesús Parada, entre outros. Eles son só unha parte das persoas que contribúen á realización do CD, podendo así amosar os seus grandes coñecementos e, asemade, dar boa conta da calidade artística e musical do panorama galego do momento.

"A FESTA PARA QUEN A TRABALLA"

Os 2200 euros recadados servirán para realizar o deseño gráfico, a gravación no estudio “La Casita” (Riveira), a mistura e masterización no estudio “A Ponte” (Bertamiráns), ademais das copias físicas, o envío do produto e a promoción do novo CD.

Co crowdfunding queremos ter a posibilidade de participar nas artes sen depender da industria discográfica, de cadeas de distribución ou de subvencións. Ao mercalo directamente aquí, garántese a distribución do produto sen necesidade de tendas nin grandes superficies.

A banda benefíciase do voso aporte como mecenas e vós tedes a oportunidade, por exemplo, de gravar voces nun estudio ou de acadar concertos a baixo custo co engadido, ademais, de CDs para a súa venda e financiamento do voso festival.

"O QUE É MEU, É MEU, É MEU, O QUE É NOSO, E MÁIS DE NINGUÉN"

O proxecto que vos presentamos ascende a 2200 euros e temos 30 días para acadalos. O método (crowdfunding) implica que vós mercades agora as ofertas que aquí se presentan (descarga do CD, copias físicas, actuacións,...) e, coas vosas achegas, nós facemos este proxecto realidade. Cando teñamos todo listo, recibiredes as recompensas nas que participáchedes e, por suposto, a nosa gratitude.

Se non chegamos aos 2200 euros en 30 días non poderemos realizar o proxecto e, polo tanto, non se vos cobrará a axuda.

ENLACES DE INTERESE
Facebook / Bandcamp / Vimeo / Cultura Activa

CONTACTO

[email protected] / [email protected]

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

#16 / Hoxe estaremos no "Planeta Furancho" (Radio Galega Música) presentando, en primicia "Pensares Galegos"

Esta noite, de 23:00 - 24:00 h., na Radio Galega Música, estaremos presentando as cancións do disco. A todos/as o que queirades ir escoitando, antes de que vos chegue á casa, podedes sintonizar o "Planeta Furancho" no receptor de radio ou a través do TDT do televisor!!

Moitísimas grazas!!!

Isto foi o que falamos con Vituco, no mesmo programa, hai un par de semanas:

#14 / Un carameliño!

O disco xa está co Doutor Chou masterizándose. Xa estamos todos/as con ganas de poder telo nas mans e darlle calor!!! Mentres tanto... un carameliño.

#09 / A Compañía do Ruído, novamente nas ondas...

Esta noite, para os que sufrades do insomnio por culpa do LK do finde semana, entrevista ao Capitán Chumeiras na Radio Galega a partir das 00:00, no programa "Tres Pesixes Voando", falando de "Pensares Galegos", o novo disco de "A Compañía Do Ruído", e da "Festa da Chuvia'13".

Si por cantar... tengo que morir...

#05 / RESULTADO do sorteo das camisetas

Xa temos o resultado do sorteo das camisteas cedidas por Caramuxo para o proxecto "Pensares Galegos" de A Compañía do Ruído.

Estes son os afortunados/as.

En breve poñerémonos en contacto con vós por correo electrónico para concretar a entrega das camisetas!!

Parabéns!!!

P.D.: Para ver toda a información do sorteo, podedes facer clic .

#04 / ATENCIÓN: Sorteo de Camisetas doadas por CARAMUXO.

Todos aqueles/as que aportaron a súa axuda coma "mecenas" neste proxecto, entran automaticamente neste sorteo, sen facer nada máis.

Decidimos aumentar os premios de 4 a 6 camisetas e entrar todos/as os "mecenas" no mesmo bombo!!.

O sorteo celebrarase, de xeito automático, o día 01/03/13 ás 12:00 h. Pódese seguir na seguinte ligazón:

Sorteo "Pensares Galegos"

Sorte a todos/as!!!

Agradecemos o apoio a: Caramuxo, camisolas da Galiza

#03 / O Capitán Chumeiras falando do proxecto na TVG

Este pasado domingo, no programa "A Revista Fin de Semana", o Capitán Chumeiras falou sobre a Festa da Chuvia'13 (festa onde se presentará o disco "Pensares Galegos") e do propio proxecto que estamos a levar a cabo entre todos/as.

Aquí tedes o anaquiño da entrevista:

#01 / Silencio... comeza o Ruido!!!

Con máis do 100% da recaudación feita... arranca a gravación das baterías no estudio "A Ponte" (Bertamiráns). O noso Chinsiño, co Capitán, e aos mandos o gran Tomitón, seguro que son quen de detixar todas as bateras "niqueladas" este fin de semana.

Lume rapaces!!!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies