❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

OBRADOIRO DE ARTESANÍA DE INTRUMENTOS MUSICAIS O REBERETE

Despois dun incendio no que perdín todo, o obxectivo é reconstruír o espacio que me permita seguir creando.

Reberete

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Cea
0
segundos
937
Achegas
45.136€
De 40.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

Benvid@S!

Para quen non me coñeza, son O Reberete, artesán-luthier de instrumentos musicais tradicionais galegos.

Levo 12 anos desempeñando a miña labor, transformando a madeira en instrumentos de vento e percusión.

Foi un proceso de investigación e creación no que procurei desenvolver unha personalidade nos instrumentos así como un son propio.

No proceso de transformación o lugar de traballo cobrou dende o principio unha gran importancia, non só dende o punto de vista profesional, senon tamén porque para min era un lugar de evasión onde perdía a noción do tempo.

Unha parte do obradoiro antes do lume.
Unha parte do obradoiro antes do lume.

O obradoiro estaba ubicado na miña aldea natal, O Val de Vilaseco, onde comecei a percibir o mundo; o meu mundo: un espazo rural que me fixo ser quen son, e co que estou convencidamente comprometido.

A madrugada do venres cando me espertaron dicindo que estaba ardendo o taller, crin que era un pesadelo; o mesmo que xa tivera outras veces froito do medo que vive nun de poder perder o que máis quere. De camiño, dinme conta de que non levaba as chaves pero ao chegar, os peores pensamentos convertíronse en realidade: as lapas superaban a altura do teito, e evidententemente as chaves esquecidas non serían de ningunha utilidade. Todo estaba perdido.

Incendio no obradoiro - madrugada do día 12 de xuño
Incendio no obradoiro - madrugada do día 12 de xuño

Grazas ao apoio recibido dende o primeiro momento polos meus seres máis achegados, o sentimento de desolación foi mudando nunha modesta calma. E pronto chegou a esperanza, pois foron centos as chamadas que levo recibido dende entón, brindándome o seu cariño e apoio, tratándose en moitos casos de xente coa que nunca antes tivera a oportunidade de falar.

Empuxado por esta marea de apoio recibido e a axuda das miñas amizades máis achegadas que me animaron a construír os primeiros instrumentos, decidín lanzar esta campaña de recollida de doazóns para ergerme de novo, ofrecendo o que sei facer e o que son como recompensa: os meus instrumentos, ademais doutras propostas que podedes ver no desglose deste proxecto.

A que destinaremos as vosas achegas

As perdas deste desastre tocan moito máis que o material, xa que ademais dos recordos e do tempo adicado, no taller estaban os planos e experimentos nos que levaba traballando dende vai tempo, pero que non cheguei a finalizar e dos que non quedou rexistro, e polo tanto non poderei recuperar.

Non obstante, esta axuda iría dirixida a repoñer polo menos parte das perdas materias que comprenden a maquinaria, ferramenta, materia prima e construcción do local de traballo e almacén situado ata o momento no piso superior, o que suporá unha inversión moito superior aos 40.000€ que se pretenden recadar con esta campaña.

Sobre min

A miña aventura comezou no taller dun veciño arrranxando a miña vella gaita. Despois dun ano traballando neste taller, formeime na universidade popular de Vigo (EMAO) e no obradoiro de instrumentos populares en Ourense.

O seguinte paso foi montar o meu propio taller na vella palleira da miña avoa, nun entorno rural có que estou comprometido. Alí, ós poucos, fun construindo o meu lugar mentres investigaba e creaba formas e sons para os meus instrumentos; que considero acadaron un carácter persoal que os indentifica.

Na actualidade formo parte da Asociación de Gaiteiros Galegos e os meus instrumentos contan co selo de Artesanía de Galicia, participando na rede galega de festivais e mostras de artesanía.

Sobre as recompensas

O xeito de financiación basearase pricipalmente en dúas modalidades.

Por un lado a aportación humana e desinteresada de persoas relevantes no mundo da cultura galega a través da impartición de obradoiros ou a oferta de servizos relacionados co mundo da arte. E por outro lado, a elaboración por encarga dos instrumentos que viña construíndo como ata agora.

Obradoiros e servizos

Instrumentos

Os instrumentos que plantexamos aquí son exemplos, sacados dos productos máis demandados. Non obstante podedes contactar comigo para facer todas aquelas modificacións que desexedes, arranxando a diferenza de prezo, se existise, no momento da entrega.

Calendario previsto

As recompensas serán entregadas no caso dos obradoiros durante o ano en curso, e no dos instrumentos, nun período aproximado de 6 a 12 meses.

No tocante aos obradoiros, unha vez completado o número mínimo de persoas inscritas iranse publicando con antelación suficiente as datas de realización segundo a dispoñibilidade da persoa que os imparte.

No caso de que tivésedes outro compromiso para esa data e non puidésedes asistir, non habería inconvinte en que participásedes noutro obradoiro do voso interese.

+ Info

http://www.oreberete.com/
https://www.facebook.com/reberete
https://www.facebook.com/oreberete/
https://www.instagram.com/o_reberete/
https://www.youtube.com/o_reberete/

Contacto

[email protected]

tfn: (+34)691026745

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

75 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Furancho de Mauricio

    Furancho de Mauricio

    máis de 3 anos

    Furancho de Mauricio

  • Moncho

    Moncho

    máis de 3 anos

    O Reberete esta de volta ainda que nunca se foi

  • Ana Trabulo

    Ana Trabulo

    máis de 3 anos

    Já chegaste à meta! Parabéns! Agora é preciso muita energia para andar para adiante! Aos poucos tudo se consegue e consrói! :)

  • Carmen Luaces Ferreiro

    Carmen Luaces Ferreiro

    máis de 3 anos

    Xa non queda nada Roberto! Ánimo!!!

  • lsgraino

    lsgraino

    máis de 3 anos

    Moito ánimo, xa queda menos!!!

  • Festigaleiros

    Festigaleiros

    máis de 3 anos

    Todo o noso apoio !!! 💪🏼💪🏼💪🏼

  • LIDIA PENA

    LIDIA PENA

    máis de 3 anos

    Traballo fermoso! Avante! Sempre cara diante!!! Moito ánimo 💪🏽💪🏽

  • Ana Cantón

    Ana Cantón

    máis de 3 anos

    Sorte e forza 💪🏿

  • Noriko Ishizuka

    Noriko Ishizuka

    case 4 anos

    Un pasiño máis par conseguirmos!

  • Ana Morandeira Blanco

    Ana Morandeira Blanco

    case 4 anos

    Ánimo!!! Xa queda menos

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies