tag:www.verkami.com,2005:/projects/6621-guia-para-o-descenso-enerxetico/blogGuía para o descenso enerxético2014-07-30T07:40:00Ztag:www.verkami.com,2005:Post/149362014-07-30T07:40:00Z2017-10-13T17:54:32ZXa comezaron as presentacións da 2ª edición da Guía
Moitas persoas puideron conseguir xa esta 2ª edición, aínda fresquiña, en Arzúa, Bertamiráns e Compostela, e debater connosco en persoa. Seguimos ampliando o número de librarías onde se pode tamén conseguir, e enviando os seus exemplares ao novo conxunto reducido de mecenas desta 2ª edición (novamente MIL exemplares!).

A vindeira cita será o mércores 6 de agosto na Coruña, e despois virá unha nova presentación en Monforte, tamén na súa Feira do Libro, e en setembro teremos outras, como p.ex. a que realizaremos conxuntamente co 4º concello co-editor: San Sadurniño.

Esperamos vervos nestas novas presentacións. Lembrade que se queredes organizar algunha ou darnos o contacto dalgunha libraría que queira ter a Guía para o descenso enerxético á venda, podedes escribirnos ao enderezo de contacto que figura no web da nosa asociación, onde tamén podedes solicitar exemplares adicionais que queirades adquirir. O prezo continúa a ser de tan só 12 euros.

2014-07-30T07:40:00ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/143062014-06-13T09:34:27Z2014-06-13T09:35:07ZHoxe venres 13 finaliza o prazo para ser mecenas da 2ª edición da Guía
Como xa anunciamos ao comezo da semana no blog da Galiza Pospetróleo, hoxe rematará a oportunidade para figurar como mecenas da 2ª edición de urxencia da "Guía para o descenso enerxético" despois de que se esgotaran os 1.000 exemplares da primeira*

Se estás interesada/o en ser mecenas aínda estás a tempo antes de que remate o día (24:00 h). Escríbenos a guia@vesperadenada.org indicando o nome co que queres aparecer, e se vas facer unha achega de 25 ou de 50 euros. Nós enviarémosche os datos para que a fagas efectiva. Lembra que:

Os mecenas que poñades 25 euros, teredes 3 exemplares da nova edición e aparecerá o voso nome no web da Guía.

Os que poñades 50, teredes 6 libros e o voso nome aparecerá na edición impresa.

Non perdas esta nova ocasión de apoiar "o libro para a trasformación social máis ambicioso dos últimos tempos" (Carlos C. Varela)!

(*) Aínda quedan algúns exemplares en certas librarías.

2014-06-13T09:34:27ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/141572014-06-06T08:11:18Z2014-06-06T08:12:01Z1ª Edición da Guía a piques de se esgotar. Preparamos xa a 2ª edición
Cando apenas pasaron 3 meses desde a saída do prelo da Guía, a tirada de 1.000 exemplares está a piques de se esgotar. Tan só quedan algúns exemplares nas librarías que o teñen á venda e na Asociación Touda, a nosa distribuidora.

Levamos xa tempo planificando unha 2ª edición e imos acelerar os trámites para podela ter lista o antes posible. Nos vindeiros días darémosvos a coñecer se hai novas oportunidades de mecenado nesta nova edición, e algunhas informacións máis sobre o proceso de preparación e saída dos novos libros.

O que si vos agradeceríamos que fósedes facendo, xa que será cando menos unha edición revisada, é que nos informedes das grallas ( erratas ) que detectastes na lectura do libro, se é que as tedes anotadas. Para isto temos unha sección especial no foro da Galiza Pospetróleo. Se ti aínda non es usuaria/o do foro, escríbenos para te darmos de alta e que poidas participar non só para informar de fallos e outras cuestións do libro senón para compartir as túas ideas e dúbidas co resto das persoas que o están a ler e a preparar esa Galiza resiliente cada día máis necesaria.

Grazas pola túa participación e porque nada disto sería posible sen o teu compromiso co proxecto! :-)

2014-06-06T08:11:18ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/140352014-05-30T10:08:24Z2017-10-13T17:54:22ZSemana intensa de presentacións para comezar xuño: Milladoiro, Ferrol, Lalín e Ourense
Os actos de presentación do noso libro continúan por todo o país. A lista dos xa celebrados e os programados para as vindeiras datas tédelos no blog da Galiza Pospetróleo.

Para comezar o mes de xuño temos diversos actos en 4 puntos da nosa xeografía:

3 de xuño, no Milladoiro, con Manuel Casal.

4 de xuño, en Ferrol, nun importante acto no ateneo con Xoán Doldán, Begoña de Bernardo, e presentado por Bernardo Maiz e Manolo Rei.

6 de xuño, na feira do libro de Ourense (con Xoán Doldán e Afonso Fernández) e tamén en Lalín (con Manuel Casal).

Consultade a axenda de actos e seguide os nosos "eventos" no Facebook, onde imos tamén avisando nos máis inmediatos.

Grazas pola boa acollida que estades a prestar tanto os mecenas que acodedes a estas presentacións-debates como aos medios que se están a facer eco así como as entidades coorganizadoras en cada lugar.

Seguimos a sementar a revolución pospetróleo na Galiza coa "Guía para o descenso enerxético" que vós fixestes posible!

2014-05-30T10:08:24ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/137512014-05-17T07:22:42Z2014-05-17T07:22:42ZHoxe, Día das Letras Galegas, liberamos na Rede un fragmento moi especial da Guía!
Á espera da liberación do libro completo, que realizaremos proximamente, hoxe quixemos conmemorar a festa das Letras Galegas, publicando en Internet o relato "Un día calquera na Galiza de dous mil e vinte e algo" que fai parte da nosa Guía para o descenso enerxético

Podedes lelo e compartilo cos vosos amigos no blog da Galiza Pospetróleo. Vai acompañado nesta versión online dunha reseña que fixo do libro e do relato Carlos C. Varela e dun dos seus debuxos.

Saúde, terra, lingua e liberdade!

2014-05-17T07:22:42ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/136512014-05-13T07:37:45Z2017-10-13T17:54:17ZEste 15-Maio presentamos a Guía en Compostela (acto central)
Como sabedes vimos presentando a Guía para o descenso enerxético en numerosos lugares do país desde a súa publicación. Este xoves, aniversario do famoso 15 de maio de 2011, celebraremos un acto central dentro desta xira de sementeira revolucionaria: será na Facultade de Físicas da USC, no Campus Sur, ás 19 h. Esperamos a asistencia da prensa e de numerosos mecenas dos que fixestes posible esta importante publicación.

Gustaríanos moito atoparvos alí e podermos falar entre todos de cómo encetar a Revolución Pospetróleo na Galiza e en concreto en Compostela.

Agardámosvos!

2014-05-13T07:37:45ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/135322014-05-06T06:44:52Z2017-10-13T17:54:16ZPresentación da Guía na Coruña: xoves 8 de maio
Continuando co noso calendario de presentacións, este xoves temos un acto na Coruña, na veterá A.C. Alexandre Bóveda, ás 20 h.

Gustaríanos que servise para encontrarnos en persoa cos mecenas coruñeses e das localidades máis achegadas, e podermos debater sobre os temas tratados na nosa "Guía para o descenso enerxético". Anímaste?

Lembrámosvos que para estar ao día dos diversos actos de presentación que estamos a realizar baixo o lema de "Sementando a Revolución Pospetróleo", podedes seguir o blog da Guía, o de Véspera de Nada e os nosos perfís en Twitter e Facebook.

Vémonos nun destes eventos ou no Foro da Galiza Pospetróleo! :-)

2014-05-06T06:44:52ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/132732014-04-17T10:31:48Z2014-04-17T10:32:34Z24 y 25 de abril: la Guía se presenta en Madrid y Barcelona
La semana que viene miembros de Véspera de Nada estaremos en Madrid y Barcelona participando en diversos actos en los que se presentará nuestra "Guía para o descenso enerxético" aparte de debatir entorno a estas cuestiones con otros conferenciantes y con el público asistente.

Serán unas ocasiones inmejorables para establecer contacto personal con los numerosos mecenas que habéis hecho posible la publicación desde estas ciudades.

La agenda la tenéis en las siguientes páginas:

Madrid (jueves 24 en la Universidad Autónoma y viernes 25 en Alcalá).

Barcelona (jueves 24 en el Colegio de Arquitectos).

Recomendamos el resto de actos donde se integran estas presentaciones: la jornada de día completo en la Autónoma el jueves bajo el título "Experiencias Transitivas: Tras la extralimitación, ¿lograremos evitar el colapso ecológico-social?", la semana por la Soberanía Alimentaria en Alcalá, y el debate a tres de Barcelona donde el presidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán, hablará sobre "La crisis financiera, energética y ambiental ¿nos lleva hacia el decrecimiento forzado?" junto con dos de los analistas alternativos más importantes del momento: Antonio Turiel y Santiago Niño-Becerra. ¡No os lo perdáis!

2014-04-17T10:31:48ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/131522014-04-08T10:52:59Z2017-10-13T17:54:11ZEsta semana presentamos a Guía en Betanzos (día 9) e Lugo (11) e saímos na radio
Máis información no blog da Galiza Pospetróleo...

2014-04-08T10:52:59ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/131132014-04-05T09:17:59Z2014-04-05T09:18:38ZAínda non nos enviaches o teu enderezo? ¿Aún no nos has mandado tu dirección?
Hoxe saíron os últimos 54 envíos a mecenas da nosa Guía. Correos deixaravos aviso entre o martes e o mércores, aproximadamente.

Só nos quedan 10 persoas que aínda non nos comunicaron a qué enderezo postal lles temos que enviar o seu libro. Se ti es unha desas persoas ponte en contacto connosco para poderes recibir o antes posible o teu exemplar da Guía.

E lembrade todos que xa comezou a participación e o debate entorno aos temas abordados pola Guía no novo Foro da Galiza Pospetróleo. Agardámosvos alí!

2014-04-05T09:17:59ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/130962014-04-04T09:18:35Z2017-10-13T17:54:11ZMañá 5 de abril presentamos a Guía en Tomiño
Mentres seguimos a preparar os derradeiros envíos da Guía aos mecenas que faltan por recibila, queremos anunciarvos que mañá sábado día 5 estaremos presentando o libro cun dos concellos que apoiaron a súa publicación: Tomiño.

Será ás 7 da tarde no Pavillón Multiusos de Sobrada, e contará coa presenza da alcaldesa e do concelleiro de medio ambiente. Pola nosa banda asistirán Xoán R. Doldán García e Manuel Casal Lodeiro.

Vémonos alí se podedes asistir.

A noticia no blog da Guía.

O evento en Facebook.

2014-04-04T09:18:35ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/130582014-04-02T07:39:51Z2014-04-02T07:39:51ZMañá 3 de abril presentamos a Guía en Redondela
Será unha magnífica ocasión para coñecer en persoa aos mecenas que vivides por esa zona, así que se podedes asistir, tomade nota: será as 20 h, na Casa da Cultura de Redondela.

Vémonos nesta nova sementeira revolucionaria!

2014-04-02T07:39:51ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/130132014-03-30T10:11:29Z2014-03-30T10:11:29ZAvisos de envío postal
Cos envíos que fixemos onte xa són nos quedan 50 libros (aprox.) por enviarmos, que corresponden sobre todo aos mecenas que tedes un só libro como recompensa e que fixestes as vosas achegas ao final da campaña (concretamente, en outubro).

Como por desgraza puidemos comprobar que Correos non está deixando aviso de recollida nalgún caso (esperamos que sexa moi puntual) imos enviar unha mensaxe de correo electrónico a todos aqueles mecenas aos que xa lles foi enviado o seu paquete, para que no caso de non o recibir nun tempo prudencial, acodan á súa oficina de Correos reclamalo.

Se todo vai ben, dentro de 1 semana estarán TODOS os libros entregados aos mecenas que o fixestes posible. Agradecemos a enorme paciencia que estades a ter connosco e agardamos que cando todos o teñades nas vosas mans, a calidade do libro e o interese do seu contido, fagan que vos pagara a pena a longa espera.

Grazas unha vez máis a todas e todas :-)

2014-03-30T10:11:29ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/129862014-03-27T15:53:26Z2014-03-27T15:53:26ZContinuamos cos envíos e coa axenda de presentacións
Xa viches as novas datas nas que presentaremos a Guía por Galiza (e tamén Madrid e Barcelona)? Se cadra podemos coñecernos nalgunha delas. Gustaríanos contar coa presenza das persoas que fixestes posible esta publicación revolucionaria nestes encontros públicos, para comezarmos o debate que tamén continúa no foro da Galiza Pospetróleo que vimos de poñer en marcha. E se aínda non hai data para a túa localidade, non dubides en enviarnos algunha proposta para que vaiamos alí facer unha presentación.

Por outra banda continuamos aínda a realizar os envíos dos exemplares aos nosos mecenas. Agás nalgúns casos nos que aínda non recibimos o enderezo postal ao que o temos que mandar, os paquetes de 10, 6 e 3 libros xa están todos enviados ou listos para ser enviados ao longo do que resta de semana. Xa preparamos tamén os dos mecenas que puxestes 15 euros e continuaremos cos envíos aos 107 mecenas que puxestes 9 euros para dispoñer dun exemplar da Guía.

Agradecemos a paciencia que estades a ter e esperamos que en breve todos teñades xa as vosas Guías para o descenso enerxético nas mans para comezardes a sementar a Revolución Pospetróleo alí onde vivades.

Saúdos e vémonos nas presentacións!

2014-03-27T15:53:26ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/128862014-03-21T08:59:55Z2017-10-13T17:54:08ZHoxe venres 21 de marzo presentamos a Guía en Pontevedra
Hoxe teremos o primeiro encontro con lectores + presentación da Guía. Será en Pontevedra ás 20:00 h. Tedes toda a información no blog de Galiza PosPetróleo.

Iremos anunciando novos eventos, en Galiza e tamén fóra. Non deixes de achegarte a algún deles e suxírenos novos lugares e colectivos da man dos que poderiamos organizar presentacións na túa zona. Grazas!

2014-03-21T08:59:55ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/127762014-03-15T15:44:13Z2017-10-13T17:54:07ZContinúan os envíos das Guías aos nosos mecenas
Este sábado fixemos un novo envío de exemplares da Guía aos nosos mecenas. Xa case temos entregado todas as recompensas ás categorías máis altas de mecenas e agora continuaremos coas categorías medias e básicas, así que se ti puxeches 9, 15 ou 25 euros e aínda non recibiches o teu libro, pregámosche un chisco máis de paciencia.

As persoas que estades a recibir xa o libro estádesnos a enviar uns unánimes parabéns pola edición. Agora agardamos ir coñecendo a vosa opinión sobre os seus contidos e que nos poidamos ir encontrando en persoa nas diversas presentacións que estamos a planificar por toda Galiza e mesmo noutros puntos do Estado Español.

Tamén comeza estar dispoñible nalgunhas librarías, que iremos anunciando no http://galiza.pospetroleo.com. De momento estamos a procesar pedidos directamente recibidos http://www.vesperadenada.org/colaboremos/.

Grazas novamente a todos, sobre todo por esta espera final. Agardamos que no que queda de mes, todas as persoas que fostes mecenas deste proxecto poidades ter xa nas vosas mans os vosos exemplares.

2014-03-15T15:44:13ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/125722014-03-03T06:57:10Z2017-10-13T17:54:03ZComeza a Revolución Pospetróleo! Comezamos o reparto da Guía!
Alédanos comunicarvos que, tras un longo proceso final de maquetación e impresión, a Guía para o descenso enerxético por fin saiu do prelo e está lista para o reparto e difusión entre as persoas que a fixestes posible. Grazas ao apoio dos Concellos de Teo, Tomiño e Rianxo, puidemos completar unha tirada de calidade e de nada menos ca 1.000 exemplares!! Os vosos exemplares comezarán a chegarvos probablemente a partir da semana que vén. Esta semana aínda estamos organizando os envíos postais, que comezarán polos nosos socios, as organizacións mecenas e os mecenas-super difusores e grandes difusores, é dicir, aqueles que van recibir paquetes con 10, 6 ou 3 libros. Unha vez rematada a difusión destas recompensas, comezaremos cos mecenas que ides recibir 1 exemplar cada un(ha).

Ademais iremos realizando actos de presentación e posta en contacto cos mecenas en múltiples lugares do país, nos que aproveitaremos para repartir aqueles exemplares que queirades recibir en man. Iremos informando da nosa presenza en cada cidade e cada vila neste mesmo web, no web central do libro, no web da nosa asociación e nas redes sociais. Se queres que realicemos un evento deste tipo preto de onde ti vives, ponte en contacto connosco para organizármolo. Estes encontros son moi importantes para nós porque non só nos permitirán un contacto directo e persoal con moitos de vós senón que facilitarán a comunicación e posta en contacto entre mecenas que vivides na mesma bisbarra, e que podedes ser cerne de proxectos de resiliencia local e de adaptación pospetróleo.

Finalmente, estamos a rematar o foro da Galiza Pospetróleo para facilitar o contacto entre mecenas e outras persoas interesadas nesta cuestión por todo o país. Xa daremos máis información de contado.

A Revolución da Galiza pospetróleo comeza agora... e ti es parte fundamental dela!

2014-03-03T06:57:10ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/122302014-02-08T10:59:07Z2017-10-13T17:53:58ZA Guía entrou no prelo! :-)) ¡La Guía ha entrado en imprenta!
Despois dun longo e laborioso proceso de maquetación, que comezara hai xa case 2 meses, e que incluiu sucesivas revisións e correccións, temos o pracer de comunicarvos que a "Guía para o descenso enerxético" por fin entrou na súa derradeira fase e xa está en mans da imprenta.

Entre revisión das probas e o proceso de impresión final calculamos agora que para comezo do mes de marzo, a Guía estará xa fisicamente nas nosas mans e que poderemos comezar a enviar os exemplares a todos os mecenas que a fixestes posible. Entre eles queremos salientar 3 coeditores institucionais que chegaron despois de pecharmos a campaña en Verkami: son os Concellos de Tomiño, Rianxo e Teo. Grazas a eles puidemos ampliar a tiraxe e facela de maior calidade: 316 páxinas (24 delas a cor coas magníficas ilustracións de Antía Barba Mariño a toda páxina) en papel reciclado con cuberta tamén a base de papel reciclado.

A partir de marzo comezaremos as presentacións da obra, en paralelo á súa distribución (directa ou postal aos mecenas, e en librarías e por Internet ao resto do público). Atentos ás páxinas de http://Galiza.PosPetroleo.com onde iremos anunciando todos eses actos, que tamén serán de debate cos mecenas e lectores que en cada punto do país vos interesastes por esta publicación.

Namentres, continuaremos a preparar o foro e outros contidos online relacionados coa obra e a necesaria revolución pospetróleo que quere axudar a prender en Galiza.

Grazas a todos vós pola paciencia. :-)

2014-02-08T10:59:07ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/116192013-12-26T09:11:42Z2013-12-26T09:11:42ZAmpliamos a subscrición ao Boletín da Galiza pospetróleo
Na nosa asociación tomamos a decisión de ampliar unha das recompensas, que só tiñan os mecenas que puxeran 15 euros, e facela extensiva tamén aos que puxeron máis desa cantidade. Falamos da subscrición ao boletín electrónico de noticias para a Galiza pospetróleo, que poderedes recibir agora todos os subscriptores que achegárades 15 euros ou máis para a publicación da "Guía para o descenso enerxético".

As persoas interesadas en recibilo, deben poñerse en contacto connosco escribíndonos un email como resposta a este aviso e indicando que queren subscribirse. O boletín enviámolo por email esporadicamente cando temos algunha noticia salientable de especial interese para a construción da Galiza pospetróleo.

Polo demais, darvos conta de que o libro aínda está en fase de maquetación e que é posible que ata dentro dun mes (mediados-finais de xaneiro) non poida estar nas vosas mans. Lamentamos este retraso pero queremos que a edición sexa o máis perfecta posible. Namentres, iremos poñendo en marcha o foro previsto en http://galiza.posPetroleo.com, do que xa daremos conta aquí mesmo.

Saúde, terra e que o 2014 sexa o Ano 1 da Revolución Pospetróleo no noso país!

2013-12-26T09:11:42ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/113242013-12-11T07:51:49Z2013-12-11T07:51:49ZO libro entra na última fase antes de imprenta!
(En castellano más abajo.)

Sodes moitas as persoas que nos preguntades pola aparición do libro. Sabemos que levamos demora con respecto ás datas previstas e queremos pedirvos desculpas e darvos a boa nova de que o libro, unha vez finalizados os seus contidos e a fase de revisión e corrección lingüística, vén de entrar na última fase: a maquetación. Despois xa entrará no prelo e esperamos que contra final de ano poida estar xa nas nosas mans. A partir dese momento comezaremos a distribución.

Por tanto, imos ir solicitando os vosos enderezos postais a todos/as os/as mecenas agás os que van recibir unicamente a versión dixital, como é lóxico. Nos vindeiros días recibiredes un email requirindo un enderezo postal para o envío.

Agradecemos a vosa paciencia e esperamos que o libro cumpra coas vosas expectativas! Pola nosa banda estamos a poñer o noso maior interese e esforzo en que a Guía sexa o máis completa e útil posible e en complementala co foro que nas vindeiras semanas comezaremos a ofrecer en http://galiza.pospetroleo.com

Saúde, terra e un gozoso descenso enerxético!

VERSIÓN EN CASTELLANO:

Sois muchas las personas que nos preguntáis por la aparición del libro. Sabemos que llevamos retraso con respecto a las fechas previstas y queremos pediros disculpas y daros la buena noticia de que el libro, una vez finalizados sus contenidos y la fase de revisión y corrección lingüísticas, acaba de entrar en la última fase: la maquetación. Después ya entrará en imprenta y esperamos que sobre finales de año pueda estar ya en nuestras manos. A partir de ese momento comenzaremos la distribución.

Por tanto, vamos a ir solicitando vuestras direcciones postales a todos/as los/as mecenas excepto a aquellos que vais a recibir la versión digital, como es lógico. En los próximos días recibiréis un mensaje requiriendo una dirección postal para el envío.

¡Agradecemos vuestra paciencia y esperamos que el libro cumpla con vuestras expectativas! Por nuestra parte estamos poniendo nuestro mayor interés y esfuerzo en que la Guía sea lo más completa y útil posible y en complementarla con el foro que en las próximas semanas comenzaremos a ofrecer en http://galiza.pospetroleo.com

¡Salud, tierra y gozoso descenso energético!

2013-12-11T07:51:49ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/112002013-12-04T07:24:29Z2013-12-04T07:24:29ZRematamos os contidos da Guía!
Desculpade o silencio destes últimos días pero estivemos inmersos no remate dos contidos da "Guía para o descenso enerxético". A revisión conxunta dos contidos levounos máis do previsto pero onte rematámola e agora xa está en mans da revisora lingüística. En breve pasará á fase de maquetación e despois irá para o prelo, esperemos que a tempo para saír publicada antes de final de ano.

Lamentamos a espera e o retraso con respecto ás datas inicialmente previstas, pero coidamos que merecía a pena prolongar un pouco o proceso de revisión de contidos para que a Guía fose o máis completa posible. Como veredes a súa extensión vai ser moito maior cá prevista e haberá algunha variación no tamaño do libro, de tal maneira que ides recibir un libro mellor e máis completo como recompensa ás vosas achegas.

Por outra banda a lista de mecenas vai ser pechada definitivamente esta semana. Como aínda non temos algúns dos nomes —pois non recibimos resposta aos emails enviados a algúns de vós— o que faremos será poñer o nome de usuaria/o en Verkami destas persoas que non responderon. Aínda así, faremos un derradeiro intento de nos poñermos en contacto con elas para que nos digan con qué nome queren aparecer. Lembrade que son as achegas de 25 euros ou máis as que teñen dereito a poñer un nome ben no web ou ben no libro.

Lembrade tamén que para calquera consulta segue aberta esta canle en Verkami, así como o web http://galiza.pospetroleo.com como punto de contacto. Nas vindeiras semanas comezaremos a poñer en marcha o foro para lectores/as, do cal daremos tamén noticias por aquí.

Saúde e terra!

2013-12-04T07:24:29ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/107592013-11-09T16:13:39Z2013-11-09T16:13:39ZProsegue o proceso de creación da Guía para o descenso enerxético
Durante os días que levan pasado desque rematou a campaña de financiamento en Verkami, estivemos avanzando nos contidos. Agora mesmo hai unha proposta de contidos case final que está a ser revisada por todos os membros da nosa Asociación, entre os que se encontran novos membros que chegaron a nós a través da campaña para a publicación da Guía e que deron o paso de mecenas deste proxecto puntual a implicarse como afiliados a Véspera de Nada.

Levamos acumulado un retraso xa dunha semana aproximadamente con respecto ao calendario de publicación que anunciáramos ao rematar o crowdfunding, así que a saída do libro pode que se retrase ese tempo se non o damos recuperado nas fases que aínda restan de revisión, maquetación, deseño gráfico, e impresión.

Tamén chegaron a nós novas achegas, moi importantes ao ser de tipo institucional, que anunciaremos cando remate a prórroga que demos para a inclusión de novos mecenas.

Todo isto, unido ao éxito económico da campaña en Verkami, vainos permitir facer unha edición máis completa do previsto, e tanto o número de páxinas como a calidade e a tiraxe da edición poderán ser melloradas con respecto ao previsto. Aínda temos que ver a extensión total tras a fase de maquetación para falar coas imprentas e ver con cál imos traballar finalmente e cantos exemplares podemos facer co diñeiro recadado.

Iremos dando noticias de todos estes avances aquí e mais en http://galiza.pospetroleo.com/

E lembrade que os mecenas que aínda non nos enviásedes os nomes cos que queredes figurar na Guía (os de 25 euros ou máis) aínda estades a tempo. Escribídenos enviando o dato se aínda non o fixestes, para non quedardes fóra do web ou do libro!

Namentres, cada día aparecen máis voces que alertan do futuro que nos agarda se non nos preparamos para a fin do petróleo Podes seguir todas esas noticias no noso blog, non o esquezas!

Ata a seguinte comunicación, saúdos pospetroleiros!

2013-11-09T16:13:39ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/105772013-10-28T10:47:57Z2017-10-13T17:53:35ZÉxito absoluto da campaña para publicarmos a Guía para o descenso enerxético!
40 días, 240 persoas e colectivos... e máis de 5.200 euros que xuntou o pobo galego para poñer en marcha a súa radical transformación a un novo modo de vida tras a Era do petróleo...

Convidámosvos a seguirdes as novidades das seguintes fases do proxecto tamén en Galiza.posPetroleo.com.

GRAZAS por poñerdes en marcha a Revolución Pospetróleo!!

2013-10-28T10:47:57ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/105632013-10-27T08:27:21Z2017-10-13T17:53:35ZAcadamos tamén o 2º obxectivo!
Cando eran as 8 da mañá do domingo chegou unha nova achega que fixo que superásemos o novo obxectivo que nos marcáramos para poder sacar unha mellor edición do libro (os 5.100 euros)! Polo tanto cando aínda quedaban 14 horas para o peche da campaña de recollida de fondos en Verkami xa fixemos entre todos realidade unha edición da Guía como merece!

Vaia desde aquí o noso agradecemento para todas as persoas e colectivos, galegos pero tamén de fóra do país, que apoiastes este ilusionante proxecto, que coidamos pode ser tan fulcral para a posta en marcha dunha alternativa desde a base da sociedade a unha civilización que deixa de ser viable.

Aínda podedes animar a algún amigo a que consega o libro a prezo especial de mecenas antes das 22:00 h de hoxe domingo 27, porque despois os exemplares que queden para venda ao público (directa ou por medio de librarías) tras distribuirmos os que vos corresponden aos mecenas, han ter outro prezo, calculado en 12 euros. Hoxe aínda o poderán conseguir por só 9 euros.

Os que xa sodes mecenas aínda podedes —durante o que queda ata as 10 da noite— anular as vosas achegas —se por calquera motivo mudastes de idea— ou aumentalas (facendo 2ªs achegas ou anulando a actual e escollendo outra). Vaia unha vez máis o noso agradecemento, e lembrade irnos enviando por email os vosos nomes e logotipos (os que escollérades as achegas de 90 euros ou máis) para incluirmos no web e/ou no libro.

2013-10-27T08:27:21ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/105572013-10-26T08:32:01Z2017-10-13T17:53:35ZXoán Doldán protagoniza o último dos vídeos de #GZposPetroleo
(En castellano más abajo.)

Xa tedes dispoñible a última das entrevistas en vídeo cos membros de Véspera de Nada. Doldán, presidente da nosa asociación e destacado economista ecolóxico, explícanos a súa visión da Galiza pospetróleo e como se prepara para ela a nivel persoal.

No post que vimos de publicar facemos un resume de todos os vídeos, así que aínda o podedes aproveitar para darlle un repaso ás diversas visións persoais dos pioneiros e concienciados do peak oil en Galiza.

Lembra que a campaña remata mañá domingo día 27 de outubro ás 22:00 h. Se pensas que aínda pode haber algún amigo, amiga ou coñecidos teus interesados, anímaos a ver esta serie de vídeos e a faceren a súa achega a tempo. Despois do domingo tamén haberá posibilidade de conseguir o libro, pero a un prezo maior có prezo especial dos mecenas que nos estades a apoiar en Verkami (xa sodes máis de 225!). Ademais os mecenas recibiredes o libro en canto saia do prelo, e antes de que este estea á venda nas librarías!

Grazas unha vez máis pola vosa axuda... Quédanos moi pouquiño para chegarmos ao 2º obxectivo e podermos desfrutar todos da edición ilustrada a cor!

(En castellano)

Ya tenéis disponible la última de las entrevistas en vídeo con los miembros de Véspera de Nada. Doldán, presidente de nuestra asociación y destacado economista ecológico, nos explica su visión de la Galicia pospetróleo y cómo se prepara para ella a nivel personal.

En el post que acabamos de publicar hacemos un resumen de todos los vídeos, así que todavía lo podéis usar para darle un repaso a las diversas visiones personales de los pioneros y concienciados del peak oil en Galicia.

Recuerda que la campaña termina mañana domingo día 27 de octubre a las 22:00 h. Si piensas que aún puede haber algún amigo, amiga o conocidos tuyos interesados, anímalos a ver esta serie de vídeos y a que hagan su aportación a tiempo. Después del domingo también habrá posibilidad de conseguir el libro, pero a un precio mayor con respecto al precio especial para los mecenas que nos estáis apoyando en Verkami (¡ya sois más de 225!). Además los mecenas recibiréis el libro en cuanto salga de imprenta, y antes de que esté a la venta en librerías.

Gracias una vez más por vuestra ayuda. ¡Nos falta muy poquito para llegar al 2º objetivo y poder disfrutar todos de la edición ilustrada a color!

2013-10-26T08:32:01ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/105262013-10-25T06:47:00Z2013-10-25T06:47:00ZActualizamos o calendario de publicación
Agora que xa sabemos que o libro será publicado finalmente, e mentres agardamos para chegar coa vosa axuda ao noso 2º obxectivo e podermos facer unha mellor edición, estivemos afinando o calendario previsto de publicación. Hoxe actualizaremos a información na páxina do proxecto en Verkami, pero velaquí vos vai un adianto:

Ahora que sabemos que el libro será publicado finalmente, y mientras esperamos para llegar con vuestra ayuda a nuestro 2º objetivo para poder hacer una mejor edición, hemos estado afinando el calendario previsto de publicación. Hoy lo actualizaremos en la página del proyecto en Verkami, pero aquí tenéis un adelanto:

27/10/2013: Remate da recollida de fondos en Verkami e avance cos contidos textuais da Guía.

28/10...03/11/2013: Recepción de nomes e logotipos dos mecenas.

30/10/2013: O coordinador pecha unha versión preliminar da Guía e remite para revisión dos demais membros de Véspera de Nada.

30/10...03/11/2013: Revisión por parte dos membros e peche da versión

aprobada pola asociación.

04/11...10/11/2013: Revisión lingüística dos contidos. Ilustradora e deseñador rematan contidos gráficos.

11/11...17/11/2013: Proceso de maquetación, revisión e peche definitivo da

versión electrónica. Selección definitiva de imprenta.

18/11...30/11/2013: Proceso de impresión e encadernación.

30/11...08/12/2013: Marxe engadida para imprevistos.

09/12/2013: Data prevista na que o libro terá saído do prelo.

10/12/2013: Comezan os envíos do libro. Envío da versión PDF como antecipo a TODOS os mecenas.

Ao longo do mes de novembro: Contactos con librarías e distribuidoras.

A partir de mediados de decembro: Actos de presentación pública do libro, creación da versión online dos contidos liberados, creación do foro para os lectores, etc.

2013-10-25T06:47:00ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/105172013-10-24T16:46:54Z2017-10-13T17:53:34ZTeresa Moure reflexiona sobre a "Guía para o descenso enerxético"
Sentímonos moi honrados de que Teresa non só sexa mecenas do noso proxecto de libro senón que teña escrito esta completa reflexión acerca do contexto de transformación urxente que precisa a nosa sociedade.

Lede de vagar o seu texto, que paga moito o tempo que lle adiquedes e compartídeo cos vosos amigos.

Agradecemos a Teresa Moure as súas palabras, como anteriormente nos adicaron as súas César Santiso, Joám Evans, Antón Sánchez, Carlos Taibo ou Pedro Prieto.

Se este libro vai ser unha realidade é en boa medida grazas ás gabanzas e difusión que nos fixeron persoas coma elas.

2013-10-24T16:46:54ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/105032013-10-24T06:42:33Z2017-10-13T17:53:34ZNovas da Galiza fala da nosa Guía
No último número do periódico Novas da Galiza poderedes ler unha mención á nosa Guía para o descenso enerxético no seu editorial ademais dunha entrevista co coordinador do libro. Hoxe ofrecémosvos ambos os dous textos, coa entrevista ampliada, no web Galiza.posPetroleo.com. Grazas ao Novas por facilitarnos esta difusión do proxecto e dos textos por eles publicados!

Convidámosvolos a ler e a os compartirdes cos vosos contactos. Xa só faltan 4 días para rematarmos a campaña e non debemos deixar a ningún dos nosos amigos sen a oportunidade de coñecer o proxecto e de reservar a Guía ao prezo de 9 euros!

2013-10-24T06:42:33ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/104782013-10-22T11:09:41Z2013-10-22T11:09:41ZNovo adianto dos contidos da Guía: Presentación
Xa estamos rematando os contidos da Guía. Velaquí un novo adianto deles: http://galiza.pospetroleo.com/2013/10/22/novo-adianto-da-guia-para-o-descenso-enerxetico-presentacion/

Los castellanohablantes recordad que también tenéis ese fragmento traducido en http://crashoil.blogspot.com.es/2013/10/presentacion-de-la-guia-para-el.html

Fagamos un derradeiro esforzo para promocionar a Guía e dispoñermos de máis fondos para podermos publicar máis exemplares, coas ilustracióńs a cor e en papel reciclado, en coherencia coa filosofía ambiental da obra.

Grazas!

2013-10-22T11:09:41ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/104342013-10-18T16:36:45Z2017-10-13T17:53:33ZChegamos ao 100% do orzamento! Agora iremos por un 2º obxectivo!
(En castellano más abajo)

Cando aínda faltan 9 días para rematarmos o prazo que temos en Verkami para recoller fondos, as 190 primeiras persoas e colectivos que nos tedes apoiado fixestes que chegásemos aos 4.250 euros, o 100% do diñeiro necesario para a edición dos 500 exemplares.

Vista a boísima acollida, da que sen dúbida parte do mérito corresponde ás magníficas ilustracións da premiada artista Antía Barba Mariño, imos poñer un novo obxectivo que nos permita incluír no libro as súas ilustracións a toda cor, e non a branco e negro como estaba inicialmente previsto e tamén o emprego de papel reciclado e non papel offset. Esta mellora na calidade da Guía pensamos que será importante á hora da súa acollida, de que transmita con máis forza e coherencia a visión da Galiza que queremos construír tras a queda do petróleo.

E o mellor de todo é que esa mellora poderédela desfrutar todas as persoas, tanto os/as novos/as mecenas como as/os que xa apoiastes, sen un incremento do custo para vós. É dicir, polos mesmos cartos, se acadamos o novo obxectivo, habedes recibir un libro de meirande calidade.

Estamos aínda botando contas cos orzamentos das imprentas coas que temos contactado para cuantificarmos o novo obxectivo. De contado o poderedes ver reflectido nas páxinas da campaña. Seguimos en contacto! Seguide difundindo o proxecto! Grazas :-)

(Versión en castellano, para los que nos estáis apoyando desde fuera.)

Cuando aún faltan 9 días para que termine el plazo que tenemos en Verkami para recoger fondos, las 190 primeras personas y colectivos que nos habéis apoyado habéis logrado ya que lleguemos a los 4.250 euros, el 100% del dinero necesario para la edición de los 500 ejemplares previstos.

Vista la buenísima acogida, de la que sin duda parte del mérito corresponde a las magníficas ilustraciones de la premiada artista Antía Barba Mariño, vamos a poner un nuevo objetivo que nos permita incluir en el libro sus ilustraciones a todo color, y no a blanco y negro como estaba inicialmente previsto, y también el empleo de papel reciclado y no papel offset. Esta mejora en la calidad de la Guía pensamos que será importante a la hora de su repercusión, de que trasmita con más fuerza y coherencia la visión de la Galicia que queremos construir tras la caída del petróleo.

Y lo mejor de todo es que esa mejora la podréis disfrutar todas las personas, tanto los/las nuevos/as mecenas como las/los que ya habéis apoyado, sin un incremento del coste para vosotros. Es decir, por el mismo dinero, si alcanzamos el nuevo objetivo, vais a recibir un libro de mayor calidad.

Estamos todavía echando cuentas con los presupuestos de las imprentas con las que hemos contactado para cuantificar el nuevo objetivo. En seguida lo podréis ver reflejado en las páginas de la campaña. ¡Seguimos en contacto! ¡Seguid difundiendo el proyecto! Gracias :-)

2013-10-18T16:36:45ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/103812013-10-16T08:26:23Z2013-10-16T08:26:23ZNuevos tipos de apoyo para mecenas de fuera de Galicia
Debido al interés mostrado por nuestra Guía para o descenso enerxético por diversas personas desde fuera de Galicia, que ha llevado a no pocas a convertirse en mecenas y difusores del libro, incluso cuando no conocen el idioma gallego en el que estará íntegramente publicado, nos hemos animado a crear dos nuevos tipos de aportaciones en esta recta final de campaña en Verkami.

La primera, de 35 euros, ofrece como recompensa un ejemplar del libro y la posibilidad de que el o la mecenas nos soliciten la traducción de fragmentos que le interesen especialmente del libro, una vez recibido, y en los que haya encontrado mayores dificultades para la comprensión del texto. Por supuesto también incluye la mención como mecenas. En este caso la traducción se limitaría a un total de 5.000 palabras que podrán estar repartidas en varios apartados del libro, a elección de la persona mecenas.

La segunda amplía esta traducción a 20.000 palabras y ofrece 2 ejemplares del libro y la mención también en la edición impresa, no sólo en el web de la Guía. El importe de esta aportación será de 120 euros.

Esperamos que estas nuevas posibilidades os animen a los que no conocéis la lengua gallega a apoyar un proyecto que sin duda está teniendo ya repercusiones positivas fuera de Galicia. Quizás en el futuro se pueda abordar la traducción íntegra de la Guía y todas las aportaciones de este tipo que lleguen ahora facilitarán ese nuevo proyecto, puesto que las traducciones que realicemos de este modo serán publicadas posteriormente de manera gratuita en Internet.

Y, por supuesto, para maximizar el alcance de estas traducciones, nos encargaremos de que no se dupliquen solicitudes de traducción de los mismos fragmentos del libro. Es decir, que si un mecenas nos pide traducir 5.000 palabras y otra mecenas otras 5.000, los avisaremos para que seleccionen fragmentos que no coincidan y así pueda haber el máximo posible del texto traducido gracias a ellos.

Gracias de antemano a todos los que vais a hacer el esfuerzo de leer en gallego cuando no es vuestro idioma y a los que nos ayudaréis también mediante la solicitud de traducciones.

2013-10-16T08:26:23ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/103612013-10-14T15:58:33Z2013-10-14T15:58:33ZInternacionalización da campaña
Desde hoxe o proxecto da Guía para o descenso enerxético en Verkami pódese consultar tamén en castelán (aínda que o libro se vai editar unicamente en galego, advertimos) para facilitar a información a todas as persoas que se están a interesar por el desde fóra de Galiza.

Tamén vimos de crear un novo tipo de achega: por 14 euros enviaremos un exemplar a calquera lugar do mundo. Posiblemente galegos da Diáspora e persoas doutros países de fala portuguesa ou española estarán interesados nesta opción, xa que ata o de agora ningunha das achegas recollía esta posibilidade de enviar o libro fóra de España.

Esperamos con isto axudar á internacionalización da campaña e da Guía, que malia estar orientada aos residentes en Galiza, pensamos que ofrece interesantes informacións para calquera interesado en mudar a súa vida e navegar con éxito por esta época de descenso enerxético.

2013-10-14T15:58:33ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/103412013-10-13T16:46:38Z2013-10-13T16:46:38ZRepresentantes de Anova, PT e EU apoian a nosa Guía
Entre os numerosos apoios que recibimos ao noso proxecto, non só en forma económica senón tamén en difusión e textos de louvanza coma os que imos publicando en Galiza.posPetroleo.com, queremos salientar hoxe os de tres formacións políticas, ou para ser máis xustos, os de tres persoas membros sobranceiros destas formacións. Velaquí algunhas frases e as ligazóns para que leades os seus comentarios completos acerca da Guía para o descenso enerxético:

Antón Sánchez (Parlamentario de Anova / AGE): «Esta Guía é un traballo imprescindible. Nela está parte do noso futuro.»

Joám Evans (Partido da Terra): «A Guía é um manual de bricolagem para reparar um tecido social ruinoso.»

César Santiso (Concelleiro de EU-Os Verdes): «Esta Guía significa o comezo da andaina colectiva máis importante da historia de Galiza.»

Agradecémoslles enormemente o seu apoio, sobre todo polo difícil que sabemos que é posicionarse contracorrente do pensamento único no mundo político, moitas veces enfrontándose a compañeiros de partido que seguen ancorados no paradigma da industria e do crecemento sen fin. Esperamos que vos servan a todos os que xa sodes mecenas para animar a amigos e coñecidos que estean achegados a estas formacións políticas para que se unan ás xa máis de 150 persoas que están a facer posible a Guía para o descenso enerxético.

2013-10-13T16:46:38ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/103242013-10-11T17:07:32Z2017-10-13T17:53:31ZUn documental e un adianto da Guía
Nesta longa fin de semana na que algúns celebran iso que chaman Hispanidade nós imos celebrar que existe precisamente en América un país que nos pode demostrar como é posible vivir sen petróleo.

Ese país é Cuba, e protagoniza o documental que vos convidamos hoxe a ver e a compartirdes cos vosos amigos en Galiza.posPetroleo.com acompañado do adianto dun apartado da Guía que estamos a preparar e que queremos publicar coa vosa axuda, no que presentamos o caso cubano de adaptación precoz á fin do petróleo.

Esperamos que vos inspire para o difícil camiño que temos por diante!

2013-10-11T17:07:32ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/102702013-10-08T06:57:30Z2017-10-13T17:53:31ZSuperamos o ecuador da campaña con case 2/3 do orzamento conseguido!
Cando queda a metade de campaña (20 días) xa somos 130 persoas e levamos xuntado o 64% do diñeiro que precisamos. Anímanos moito ver a vosa resposta, e seguiremos con forza facendo chegar o proxecto ao máximo número posibles de galegas, galegos e colectivos do país, para superar o 36% que nos falta, pouco máis de 1/3 do total.

Adicaremos especiais esforzos nos vindeiros días a contactar con colectivos, xa que eles normalmente precisan máis tempo para tomar colectivamente a decisión de apoiar este tipo de proxectos. Xa contamos con varias organizacións que fixeron as súas achegas e contamos con que cheguen novas nos vindeiros días, tal e como nos dixeron os seus representantes. Seguro que moitos dos mecenas particulares tedes contacto ou participades en colectivos que poderían estar interesados en apoiar a Guía, así que podedes facer aínda máis por convertela en realidade nesta segunda metade de campaña contactando con eses colectivos e animándoos a se faceren organizacións colaboradoras do proxecto en Verkami.

Grazas e continuemos entre todos coa difusión de http://Galiza.posPetroleo.com :-)

2013-10-08T06:57:30ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/102462013-10-06T17:07:36Z2017-10-13T17:53:30Z«O éxodo ao rural vai ser impulsado polo agravamento da crise.»
O profesor Xoán R. Doldán conta nunha entrevista de 10 minutos para Radio Cerna por qué o problema do peak oil vai derivar nunha volta ao rural, e por qué Galiza ten vantaxes para facer ese retorno histórico ao rural, recuperando unha economía local e inserta nos límites da biosfera.

Non deixes de escoitar a entrevista e difundila entre os teus contactos. É o momento de comezarmos esta mudanza revolucionaria no país e temos que ser nós mesmos/as quen a impulsemos, entre todas/os, para evitarmos un auténtico trauma social a causa da fin da Era do Petróleo, a Era Industrial... a Era do (imposible) Crecemento Perpetuo.

2013-10-06T17:07:36ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/102062013-10-03T16:26:06Z2013-10-03T16:26:06ZTodo sobre a Guía para o descenso enerxético (en 10 min.)
Convidámosvos a escoitar a entrevista que Radio Cerna fixo antonte a Xoán R. Doldán, o presidente de Véspera de Nada, acerca do problema do peak oil e o proxecto da nosa Guía para o descenso enerxético.

Non a perdades nin deixedes de partillala cos vosos contactos: en apenas 10 minutos poderán coñecer as claves do problema ao que nos enfrontamos e do papel que esta publicación pretende xogar para construírmos en común un futuro sen petróleo para Galiza.

Escoita a entrevista en Radio Cerna

2013-10-03T16:26:06ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/101622013-10-01T14:35:28Z2013-10-01T14:35:28ZNova data prevista de publicación
Seguimos recalculando diversos aspectos da saída da nosa publicación. Coidamos que debemos reflectir unha data máis realista estimada de publicación, que será a mediados do mes de novembro. Isto é debido a que precisamos incluír todos os nomes dos mecenas ata o derradeiro que chegue o día 27 de outubro, cando remata a campaña. Iso quere dicir que non poderemos en ningún caso mandar a imprenta o libro antes desa data.

Tamén hai que contar cos 10 días que Verkami precisa para comprobar todos os pagamentos e confirmar os mecenas que finalmente son válidos. Polo tanto, se sumamos o tempo que precisa a imprenta para facer a edición física da Guía, estamos agora mesmo calculando que poderían estar, se todo vai ben, para o 15 de novembro rematados. A partir desa data comezaríamos a distribución aos mecenas da versión impresa, aínda que por suposto os que escolleran a edición dixital poderían telo antes.

Esperemos desculpedes estes axustes do calendario. Tamén seguimos sen poder confirmar o da xornada na que presentaríamos o libro. Iremos informando puntualmente :-)

2013-10-01T14:35:28ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/101222013-09-29T18:54:35Z2017-10-13T17:53:29ZCarlos Taibo fala da nosa Guía: «é importante apoiar a a edição deste livro»
A Carlos Taibo non só lle temos que agradecer desde Véspera de Nada as palabras que lle vén de adicar ao noso proxecto, senón toda a promoción que lle está a facer.

Taibo coñece ben o proxecto pois ten no seu poder unha versión provisional da Guía, que vai tentar comentarnos coas súas achegas se os seus numerosos compromisos llo permiten. Esperamos contar con elas, que non serán as únicas, pois outros autores como Pedro Prieto ou Antonio Turiel teñen tamén as súas copias dixitais da Guía e agardamos durante os días que quedan ata a súa publicación, podérmolas incorporar á versión final. Todo isto, sempre e cando o apoio que estamos a recibir en forma de achegas económicas nos permita chegar ao orzamento total da edición. Seguro que apoios públicos como o de Carlos nos axudan a conseguilo!

2013-09-29T18:54:35ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/101122013-09-28T15:12:04Z2013-09-28T15:12:04ZEntrevista con Xoán R. Doldán no Sermos Galiza
Hoxe Sermos publica na capa da súa edición dixital, en destaque, unha extensa entrevista co presidente de Véspera de Nada no que fai un repaso á situación de Galiza fronte ao Teito do petróleo (peak oil) e fala tamén da nosa "Guía para o descenso enerxético".

Desde aquí damos as grazas a un novo medio de comunicación que se fai eco do noso proxecto e axuda a divulgar o problema que nos espera como sociedade e como civilización. Esperemos que así, paso a paso, cada vez máis galegas e galegos abran os ollos ao trasfondo da crise actual e ás súas nulas perspectivas de superación dentro do sistema actual.

Convidámosvos a todos a ler a entrevista e a difundila entre os vosos contactos. Saúde e terra!

2013-09-28T15:12:04ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/100902013-09-27T06:09:25Z2017-10-13T17:53:28ZPor qué a Guía vai ser moito máis ca un libro?
Se a Guía para o descenso enerxético só fose un libro, por moi importantes que fosen os seus contidos, non tería a repercusión que precisamos que teña. Por iso, porque queremos contribuír de verdade, máis alá das súas páxinas, a que comece mudar todo no país, a Guía vai ser moito máis... Explicámolo hoxe no web Galiza.posPetroleo.com.

2013-09-27T06:09:25ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/100772013-09-26T10:51:42Z2013-09-26T10:51:42Z"O sistema está agoniando e hai que camiñar cara a autosuficiencia" (Artigo en Galicia Confidencial)
De novo a xente do xornal dixital Galicia Confidencial faise eco das nosas comunicacións en torno a esta campaña. Neste caso foi a entrevista con Casdeiro, que podedes ver nun artigo que publicaron hoxe.

Agardamos que vos pareza de interese. E lembrade que nas vindeiras semanas iremos publicando máis entrevistas con outros membros da nosa asociación.

Saúde e terra!

2013-09-26T10:51:42ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/100562013-09-25T08:06:42Z2017-10-13T17:53:28ZNovo vídeo sobre a Guía para o descenso enerxético

Vimos de publicar un novo vídeo dentro da campaña para facer realidade a nosa Guía. Será a primeira dunha serie de entrevistas que estamos a gravar con membros da nosa asociación na que explicamos cómo vemos o futuro do país despois do petróleo e como nos estamos a adaptar cada un(ha) de nós.

Tamén explicamos por qué pensamos que fai tanta falta este libro, por qué queremos que se espalle por toda Galiza. Seguramente vaivos resultar moi útil para presentarlle o proxecto á vosa xente, ás persoas que vos gustaría que desen tamén os primeiros pasos cara unha vida pospetróleo pero que aínda non se animaran a apoiar a publicación da Guía, a facerse cun exemplar ou impulsala como mecenas.

Agora podes enviarlles o enderezo http://galiza.pospetroleo.com/2013/09/25/os-membros-de-vespera-de-nada-falan-da-galiza-pospetroleo-i/ para que vexan esta breve entrevista e coñezan mellor o que queremos facer e o noso obxectivo. Grazas por esta nova difusión, compañeiros!

2013-09-25T08:06:42ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/100262013-09-23T06:19:54Z2017-10-13T17:53:28ZPedro Prieto recomenda a nosa Guía
A gran maioría dos que temos algún coñecemento sobre a cuestión do "peak oil", que temos escoitado falar nalgún momento sobre o "cénit do petróleo", coñecemos a figura de Pedro Prieto. Incansable divulgador do problema, activista con AEREN (CrisisEnergetica.org) e coñecido conferenciante no ámbito español, e tamén internacional (onde ten participado activamente nas conferencias da organización ASPO e recentemente escrito un libro sobre as realidades do rendemento enerxético que podemos esperar da tecnoloxía fotovoltaica).

Para nós é un honor contar con el entre os expertos que están a revisar e facer achegas para os contidos da Guía, e aínda máis polo texto que vén de enviarnos falando a nosa Guía e que vos convidamos a todos a coñecer. Extraemos aquí algunha parte del:

Es una guía hecha para el mundo, pero con vocación local gallega, con mucho conocimiento de las tradiciones de su país, de sus recursos y capacidades, de sus limitaciones. Acude con frecuencia a los conocimientos populares (siempre los más sostenibles) y a la cultura popular de este antiguo pueblo.

Se ve un trabajo profundo y consistente que aborda todas las áreas de interés humano. No solo explica inicialmente qué representa la llegada al cenit de la producción de la energía que movía hasta ahora nuestra arrogante civilización industrial y tecnológica, sino que anticipa con mucha claridad, los problemas a los que más pronto que tarde se tendrá que enfrentar la Humanidad (...)

Esta guía, después de explicar que quizá esta vez no sea más el “ya inventarán algo para volver a seguir por la senda del crecimiento infinito” como en el cuento de Esopo del pastor y el lobo, detalla, sin grandes pretensiones, pero con mucha claridad, qué hacer cuando, después de tanto aviso ignorado en los últimos 150 años de industrialización, el lobo del descenso energético se nos presente ante la puerta.

Detalla cuales serán los impactos psicológicos y sociales previsibles, pero también cómo organizar el transporte, que necesariamente quedará reducido a ámbitos muy locales salvo muy raras excepciones. Cómo organizar el hogar y su consumo mínimo; cómo atender en lo posible la salud en ese entorno, la educación y sus nuevas formas, como ejercer una economía biofísica y no especulativa como la actual o cuales son los cambios interiores que deberían o tendrían que experimentar los seres humanos sometidos a ese proceso de cambio.

La guía ofrece también recomendaciones a las pequeñas empresas que tendrán que ir sustituyendo a los grandes conglomerados y a las entidades locales, en un esfuerzo voluntarista que ojala éstas instituciones oyesen con tiempo suficiente para reorganizarse. Es en definitiva, mucho más que el intento conocido como la ética del bote salvavidas, la que se conoce por buscar sobrevivir al naufragio en solitario o con la familia directa exclusivamente. Es un serio intento de promover un cambio social, al menos en Galicia, pues animales sociales somos y de nada nos valdría remar alocadamente en un solo bote en pos de nuestra propia salvación individual o familiar.

2013-09-23T06:19:54ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/100092013-09-21T07:48:00Z2013-09-21T07:48:00ZTamén Código Cero fala da nosa Guía
Onte tamén o veterán xornal galego adicado ás novas tecnoloxías, Código Cero, se facía eco do lanzamento da nosa Guía.

Grazas por esta nova difusión que nos permite chegar a máis xente! :-)

2013-09-21T07:48:00ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/100062013-09-20T16:54:45Z2013-09-20T16:54:45ZSaímos en Praza.com e máis boas noticias!
Esta mañá un extenso artigo sobre a nosa Guía con declaracións do presidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán, ocupaba un lugar de cabeceira na capa do xornal dixital Praza Pública. Agradecemos que de novo este medio se faga eco dos nosos proxectos, e cunha atención tan especial.

Por outra banda informámosvos de que acabamos de superar o 25% das achegas que imos precisar para editar a Guía, e xa levamos 1.066 euros conseguidos coa axuda dos nosos mecenas e toda a xente que está a falar nas redes sociais do noso proxecto. Grazas novamente a todos! :-)

E finalmente, a noticia do día para nós foi que Antía Barba Mariño, a artista autora das ilustracións que levará o libro e que tamén podedes ver (parte delas) no vídeo de promoción que xa coñecedes...

...acaba de ser premiada co 1º premio aos Novos Valores da Deputación de Pontevedra. Alédanos moito, Antía! ...e alédanos contar coa túa arte para a nosa "Guía para o descenso enerxético"! Podedes coñecer diversas obras súas, entre elas a obra coa que gañou este premio, no seu web.

2013-09-20T16:54:45ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/99942013-09-20T05:42:15Z2013-09-20T05:42:15ZGalicia Confidencial fala na nosa Guía
A campaña vai progresando a bo ritmo e xa superamos 1/5 do diñeiro necesario (cando escribimos isto levamos algo máis do 22%, é dicir imos camiño de 1/4 das achegas), pero aínda fai falta moito esforzo para difundir o proxecto.

Nese sentido agradecemos especialmente as mencións que xa nos comezan facer os medios de comunicación. Se onte falabamos dunha entrevista para a cadea de radios locais RadioFusión (en concreto o programa Arredor de Nós), hoxe facémonos eco dun artigo aparecido tamén onte no Galicia Confidencial. Moitas grazas aos responsables destes medios por estar atentos sempre ao que facemos desde Véspera de Nada e dar a coñecer a Guía e a campaña para financiarmos a súa publicación!

Onte enviamos nota de prensa a moitos máis medios galegos así que esperamos recibir o interese dalgúns deles durante esta fin de semana. Iremos dando aquí noticia desta difusión mediática e namentres animámosvos a seguir co boca a boca, persoal e electrónico :-)

2013-09-20T05:42:15ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/99842013-09-19T17:13:27Z2013-09-19T17:13:27ZEntrevista en Radio Fusión acerca da Guía
Hoxe fixemos unha entrevista coa xente do programa Arredor de nós en Radio Fusión, a rede de emisoras locais de Galiza. Podedes ver a nota que publicaron e escoitar a entrevista que xa puxeron dispoñible para descarga no seu blog.

Grazas por seren o primeiro medio de comunicación que se fai eco, polo menos que a nós nos conste! Esperemos que máis medios galegos se interesen e dean a coñecer o proxecto ao seu público.

Namentres os nosos mecenas e outra moita xente que nos estades a apoiar difundindo o proxecto, podedes enviar a ligazón coa entrevista aos vosos amigos para que coñezan mellor o que queremos facer e tamén se impliquen.

2013-09-19T17:13:27ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.orgtag:www.verkami.com,2005:Post/99632013-09-18T20:37:42Z2013-09-18T20:37:42ZUn bo arranque da campaña! Grazas
Cando acaban de pasar 24 h da posta en marcha da campaña para facermos realidade esta Guía para o descenso enerxético, o vídeo de presentación foi visto por máis de 200 persoas e temos xa algo máis do 6% das achegas necesarias. Está moi ben pero precisamos duplicar esforzos porque a cantidade final aínda está lonxe. Quedan 39 días e moitos contactos que facer por diante.

Contamos coa difusión que moitos dos nosos mecenas sabemos que están xa a facer entre amigos e coñecidos. Grazas a todos eles porque con cada mensaxe que envían multiplican a difusión e os potenciais amigos que se unan a este ilusionante proxecto: vermos publicada e distribuída por todo o país unha obra que marque o comezo das mudanzas necesarias para moitas familias e comunidades. O libro quere ser unha pequena semente que dea grandes froitos en moitos lugares do país onde haxa unha lectora ou un lector, xente que o comparta e o deixe aos seus amigos, que agasalla exemplares extra aos seus familiares e veciños... que sexa inspirador e facilitar das profundas mudanzas que precisamos!

2013-09-18T20:37:42ZAsoc. Véspera de Nadadiademoito@vesperadenada.org