Project in GalegoEspañol

Project description

/////////////////////////////////// GRAZAS!!! :)

A Casa Tomada é un espazo de cultura e divertimento; un espazo para vivir e crear experiencias desde a autoxestión. Queremos programar, de maneira estábel, concertos, teatro e artes escénicas, cinema, actividades de ocio familiar, intervencións artísticas e obradoiros, ciclos divulgativos...

Para todo isto contamos cun emprazamento privilexiado, cheo de historia. Estamos nun antigo almacén da Estación de ferrocarrís da Coruña, un edificio que precisa restauración para que poida albergar todas as actividades que queremos facer nel; para que se converta nun lugar de encontro, autosustentábel e lúdico aberto a toda a cidadanía.

Queremos recoñecer a túa decisión de escolleres un espazo sociocultural responsábel e crear coa túa achega un punto de encontro onde desenvolver e impulsar o ocio creativo e dar soporte ás propostas artísticas actuais. Queremos que te sintas sempre en casa.

PARA QUE PRECISAMOS OS CARTOS?
A nave está en estado de semiabandono. Precisa reformas no chan, nas fiestras, nas portas, nos baños... tamén cómpre mellorar accesibilidade e seguridade. Asemade, gustariamos de ofrecer tamén algúns servizos como zona de lectura, recuncho de xogos, aparcadoiro de bicicletas etc.

Queremos afrontar estas necesidades empregando materiais reciclábeis ou que proveñan do refugallo (rebocos e pinturas naturais, paletas de madeira, cristais desbotados, teas reutilizábeis...), mais a pesar de que imos traballar coas nosas propias mans, precisamos da túa axuda para pagar moito dese material, adaptar as estancias para as facermos habitábeis e funcionais, decorar os interiores, adquirir medios audiovisuais... En definitiva, investir na calidade do espazo para o desfrute colectivo.

QUEN SOMOS?
Detrás da Casa Tomada estamos persoas e colectivos provenientes de mundos profesionais moi diversos (arquitectas, electricistas, deseñadores gráficos, contábeis, cineastas, profesores, creativos audiovisuais, músicos...) con ampla experiencia nos seus campos respectivos; reúnenos o entusiasmo, a capacidade de traballo e a confianza nun modelo de lecer accesíbel, que nos inclúa a todos e todas.

CALENDARIO
Os traballos de rehabilitación do espazo xa comezaron! Froito do noso propio esforzo xa dotamos de electricidade e auga as instalacións, cambiamos algúns cristais rompidos, preparamos varias das paredes para o seu posterior pintado, acondicionamos parte das entradas ao local... Mais aínda queda moito por facer!

No mes de maio imos seguir turrando moi duro: revestir carpintarías, mellorar a accesibilidade, readaptar os espazos, pintar, limpar, decorar... co fin de poder ter, entre os meses de xuño e xullo, un local adecuado para nós e para ti.

Se nos apoiares a través de Verkami, pronto che poderemos ofrecer unha alternativa real na cidade para o teu lecer. Cos cartos recadados cadraremos as contas e botaremos a andar o espazo da Asociación Casa Tomada. Agardamos por ti!

...

“Todo estaba callado en la casa. De día eran los rumores domésticos, el roce metálico de las agujas de tejer, un crujido al pasar las hojas del álbum filatélico. La puerta de roble, creo haberlo dicho, era maciza. En la cocina y el baño, que quedaban tocando la parte tomada, nos poníamos a hablar en voz más alta o Irene cantaba canciones de cuna.[...] Muy pocas veces permitíamos allí el silencio, pero cuando tornábamos a los dormitorios y al living, entonces la casa se ponía callada y a media luz, hasta pisábamos despacio para no molestarnos.”
Julio Cortázar, Casa tomada

 

Share the project with your friends

Publish the project widget
Select the best widget for your website. Simply copy and paste!


Q&A(6)

  • Ola y enhorabuena por la idea!. Ya soy mecenas asi que solo espero que la fiesta me coincida bien con mis turnos de trabajo, sería una pena perdérmela!. ¿Nos iréis informando no? :)

    Made by Vanesa

    ¡Qué tal, Vanesa!

    Esperemos que la fiesta de inauguración coincida lo mejor posible para todo el mundo. Según vayáis viendo las novedades en las redes y en la web a través de fotos, vídeos y demás os podréis ir haciendo a la idea de cuándo podrá estar la cosa en su punto.

    De todas maneras las personas que tengáis derecho a la fiesta recibiréis en su momento una invitación personal, para preservar el secretismo ;)

    El cómo y el cuándo está todavía por ver...

    ¡Un abrazo!

    David

  • Se eu son un deses contribuintes :p! Jo, pero o meu temor era a inauguracion na segunda e terceira semana de xullo, que non andarei por aqui :,(

    Made by pj

    Hahaha! Na Asociación gústannos máis os números posteriores a 20 que os anteriores, sobre todo cando se trata de mercar vestidos bonitos para festas de gala. Até aí podo ler :P

    David

  • Agora que xa acadastes a cantidade esperada, tedes xa unha estimación de que semana abrirá?

    Made by pj

    Ola, pj:

    O proxecto de rehabilitación continúa nos prazos previstos, independentemente de que xa conseguiramos a cantidade mínima inicial. Así e todo, á vez que seguen os traballos no espazo e continúa a campaña para recadar fondos, estamos empezando a organizar as actividades para os comezos.

    Cando sexa o momento publicaremos esas primeiras actividades. Se todo vai como esperamos, andado xullo poderemos abrir. Conta tamén con que temos programada unha 'festa secreta de inauguración' para as persoas que escolleron certas contribucións, de aí que non poidamos ser máis concretos ;) Só vos pedimos un pouquiño más de paciencia.

    Apertas,

    David

  • la casa tomada cuenta con el visto bueno de los organismos gubernamentales? mi miedo es.."siembras en tierra ajena y hasta la semilla pierdes" y supongo que sera el miedo de muchos no me gustaria invertir y que a la semana rompan todo.

    Made by ferdinando

    Hola, Ferdinando:

    La Casa Tomada es la sede de la Asociación cultural sin ánimo de lucro del mismo nombre, inscrita en el 'Rexistro de asociacións' de la Xunta de Galicia. El espacio está cedido en régimen de alquiler por Adif, que es la concesionaria del mismo.

    Creemos que el espacio es suficientemente reconocible y la información que se puede obtener, incluso aquélla que nosotros no ofrecemos de manera 'oficial', es clara al respecto. Nosotros estamos rehabilitando un espacio con el permiso de sus dueños.

    Por otra parte, tanto tú como cualquier otra persona que quiera saber más sobre nosotros y sobre el proyecto puede encontrarnos en los foros adecuados. Este sábado estaremos en la I Feira de Economía Social de A Coruña, organizada por Intermon Oxfam. Será una oportunidad inmejorable para conocer esta y otras iniciativas comunitarias.

    Un saludo

    David

  • Buenas tardes, me llamo Rocío, soy una madrileña afincada en Sada. Vuestro proyecto es lo que desde que llegué pensé que hacía falta aquí, tiene muy buena pinta!me encantaría visitaros y colaborar con vosotros. Enhorabuena por esta iniciativa!!

    Made by Rocío

    Buenos días, Rocío: Gracias por tus piropos. Nosotros también llevamos tiempo pensando que en A Coruña hay sitio para un proyecto como éste y tenenemos muchas ganas de comprobar si estamos en lo cierto. Por ahora la rehabilitación sigue su curso, casi a marchas forzadas, al tiempo que todas las personas involucradas atendemos nuestras ocupaciones personales. Nos gustaría dedicarle mucho más tiempo en la puesta a punto del espacio, pero bueno, con el apoyo que estamos recibiendo estamos muy contentos y motivados. Estaremos encantados de recibirte cuando quieras, aunque no estamos allí siempre. Esta semana llevamos ya 3 días, incluido hoy, en los que pasamos casi todo el día porque los trabajos son intensos. Normalmente estamos más hacia el fin de semana, que es cuando nuestros quehaceres particulares nos dan un poco más de respiro. Este finde, por ejemplo, algunas personas de la Asociación estaremos en la plaza de Pontevedra de A Coruña participando en la I Feira de Economía Social, organizada por Intermon Oxfan. Puedes pasarte, si te coincide, a conocernos un poco más. Mientras tanto, te agradecemos que difundas el proyecto todo lo que puedas. En cuanto necesitemos una mano la pediremos. Quedan cosas todavía por hacer! Un abrazo

    David

  • Creo que é importante poñer nome a arquitectas, electricistas, deseñadores gráficos, contábeis, cineastas, profesores, creativos audiovisuais, músicos... que participan. Son veciño e quixera participar do proxecto pero gustariame ver os seus rostros.

    Made by Manu Mayo

    Ola, Manu, Grazas por te interesares no proxecto. Contéstoche por partes a ver se che podo solucionar a túa inquietude. 1. Penso que a páxina de Verkami non é o lugar axeitado para que aparezan os nosos nomes e apelidos. Máis que nada por unha cuestión de espazo, porque non somos poucas as persoas implicadas. 2. Ten en conta que estamos presentes tamén en máis redes e espazos. No noso facebook, por exemplo, www.facebook.com/casatomadacultural, podes seguir moitas novidades, incluídos vídeos onde progresivamente imos ir saíndo as persoas que formamos parte deste proxecto. Estes vídeos tamén os imos ir subindo á páxina web www.casatomada.org e ao propio blogue que Verkami pon á nosa disposición www.verkami.com/projects/5363-rehabilitacion-da-casa-tomada-espazo-social-de-intervencion-artistica/blog Pouco a pouco todo o mundo poderá ir visualizando quen está detrás e diante desa iniciativa. Non tería sentido ocultalo, loxicamente. 3. A pesar de que todos e todas temos as nosas ocupacións, encontramos momentos para irmos traballar na rehabilitación. Hoxe, por exemplo, hai xente por alí traballando, igual que houbo onte. Como entenderás, non temos un horario fixo, mais se nos contactas antes ou se te pasas por alí algún día (máis aínda sendo veciño), sobre todo cara á fin de semana, é probábel que nos encontres na nave. A pesar de que sempre que imos aló é para traballarmos ou para nos xuntarmos e falar de planificación e demais, estaremos encantad@s de buscar un anaco de tempo para comentar contigo calquera cousa que precisares. 4. Este mesmo sábado imos participar na I Feira de Economía Social da Coruña, que se vai desenvolver na praza de Pontevedra durante todo o día. Aí terás, ti e quen quixer, outra posibilidade de saber algo máis deste proxecto. Pásate e coñécenos un pouco mellor!

    Espero que resolvese as túas dúbidas. Grazas máis unha vez polo teu interese. Unha aperta!

    David

If you want to know more, Ask a question.

Rehabilitación da Casa Tomada, espazo social de intervención artística

Rehabilitación da Casa Tomada, espazo social de intervención artística

Rehabilitación de la Casa Tomada, espacio social de intervención artística

Raised €4,799
of €3,000
100% funded Conseguido!
A Casa Tomada é un espazo sustentábel de ocio creativo destinado ás artes e á cultura: música, cine, teatro, obradoiros, acción social... Este espazo constrúese nunha antiga nave da Estación de trens da Coruña, que precisa traballo para ser unha proposta alternativa na cidade. Dásnos unha man?
A Casa Tomada é un espazo sustentábel de ocio creativo destinado ás artes e á cultura: música, cine, teatro, obradoiros, acción social... Este espazo constrúese nunha antiga nave da Estación de trens da Coruña, que precisa traballo para ser unha proposta alternativa na cidade. Dásnos unha man?
La Casa Tomada es un espacio sostenible de ocio creativo destinado a las artes y a la cultura: música, cine, teatro, talleres, acción social... El espacio se construye en una antigua nave de la Estación de trenes, que precisa trabajo para ser una propuesta alternativa en A Coruña. ¿Nos ayudas?

Thanks! This crowdfunding campaign ended on June 11, 2013.

 
  • Pledging €5
    THERE ARE 6 REWARDS LEFT (OF 30)

    SOCI@ ESPECIAL
    Abono de 1 mes con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + Agradecemento especial na nosa web

  • Pledging €10
    THERE ARE 14 REWARDS LEFT (OF 35)

    O 'ENCHUFAO'
    Abono de 2 meses con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + Agradecemento especial na nosa web

  • Pledging €15
    THERE ARE 15 REWARDS LEFT (OF 40)

    AXENTE SECRET@
    Acceso especial para dúas persoas á "Festa Secreta" de inauguración + 2 camisolas fabulosas + Agradecemento especial na nosa web

  • Pledging €20
    THERE ARE 1 REWARDS LEFT (OF 35)

    MÁIS QUE AMIG@S
    Abono de 3 meses con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + 1 Camisola excepcional + Agradecemento na web

  • Pledging €25
    THERE ARE 25 REWARDS LEFT (OF 30)

    MECENAS DAS ARTES
    Agradecemento na nosa web + DVD especial: resumo das actividades e espectáculos sobranceiros dos primeiros 6 meses de vida da Casa Tomada + 1 camiseta supersónica
    (Só para o Estado español)

  • Pledging €30
    NO MORE REWARDS LEFT

    ESTÁS EN TODAS!
    Abono de 3 meses con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + Acceso especial para dúas persoas á "Festa Secreta" de inauguración + 2 camisolas divertidísimas + Agradecemento especial na web

  • Pledging €40
    THERE ARE 16 REWARDS LEFT (OF 20)

    "THE GODFATHER"
    Invitación para dúas persoas a unha das nosas veladas de Cea & Espectáculo + 2 camisolas inimitábeis + Agradecemento especial na web

  • Pledging €50
    NO MORE REWARDS LEFT

    O ESPECIAL DA CASA
    Abono de 6 meses con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + 2 camisolas súper estilosas + Acceso especial para dúas persoas á "Festa Secreta" de inauguración + Agradecemento especial na nosa web

  • Pledging €79
    THERE ARE 9 REWARDS LEFT (OF 10)

    OFERTA MR T·OMADA!
    Un agasallo moi tolo + Abono de 1 ano con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + 1 camisola rompedora + Un
    agradecemento moi especial na nosa web + Un déjà vu cortesía da Casa
    Só até o 11/06/2013 ou fin de insistencias!

  • Pledging €80
    NO MORE REWARDS LEFT

    ATÉ A COCIÑA!
    Un agasallo moi tolo + Abono de 1 ano con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + 1 camisola rompedora + Un agradecemento moi especial na nosa web

  • Pledging €100
    2 PATRONS

    EXCLUSIVO PARA ARTISTAS
    Axudámoste a organizar o teu obradoiro, evento ou intervención artística na Casa Tomada e encargámonos de lle dar a promo que merece

  • Pledging €200
    0 PATRONS

    A FESTA RACHADA
    Organizamos a túa festa ou aniversario, o día que ti queiras, e poñémosche o DJ... e a torta! + Unhas fotos do evento por un fotógrafo moi profesional + 1 ano de abono con acceso a TODAS as actividades de pagamento: concertos, teatro e espectáculos + 1 camisola multidimensional

  • Pledging €300
    1 PATRONS

    O VIDEOCLIP
    Gravamos e editamos un 'showcase' (3 ou 4 temas) do teu grupo a dúas cámaras, son pro e reportaxe fotográfica na nosa Casa + 1 agasallo personalizado moi fóra de control

Thanks! This crowdfunding campaign ended on June 11, 2013.

 

Project blog (3)

  • Verkami_96c295dbe3d778fceaa6ce6aeca61406
    10.06.2013

    Calidade

    s.f. 1. Cada un dos trazos que constitúen a maneira de ser de... read more
  • 10.05.2013

    Resiliencia

    (Inglés resilience) s. f. 1. [Física] Propiedade dun corpo de... read more
  • 07.05.2013

    Sintonía

    fig. Harmonía ou concordancia entre persoas ou entre os elementos... read more
3 more updates, See all

Project creator

Foto de Casa Tomada
Casa Tomada
Casa Tomada é un espazo sustentábel de ocio creativo destinado ás artes escénicas e audiovisuais, á formación, ao ocio familiar e á acción social. O espazo constrúese nunha antiga nave da Estación de ferrocarrís da Co... Read more
Casa Tomada has 0 other projects in Verkami. You can find more information at http://casatomada.org