❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

III Edición do Festival Primavera do Cine en Vigo

Primavera do Cine é un festival de cine galego celebrado en Vigo que pretende construír unha ponte entre a produción audiovisual feita en Galicia ou por galeg@s e o seu público natural e sen importar o ano da elaboración das obras. Nesta edición as datas son: do 4 o 8 de Xuño (ambos inclusive).

Reencanto Producións

Un proxecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
85
Achegas
2.270€
De 2.100€
Achega ao proxecto

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

O FESTIVAL

Un ano máis, o Festival Primavera do Cine en Vigo abre a convocatoria para a presentación de películas de produción galega ou de creadores galegas e galegos en tres categorías: Curtametraxe, Longametraxe e Videoclip. A diferencia de outros festivais, poderán optar á Sección Oficial obras de calquera data pasada. Tamén deixar constancia de que se trata dun xurado popular, no que son os espectadores os que deciden cales serán as obras gañadoras.

Xa están seleccionadas as obras da Sección Oficial de éste ano:
Sección Oficial 2014

Exemplo de modalidade de entrada (coa puntuación do 1 o 5 según cada un valore)





A experiencia das dúas edicións anteriores confirma a idea de fondo coa que foi creado o festival: a necesidade de crear novas canles de exhibición para as películas feitas polos profesionais do audiovisual en Galicia e que éstas obras cheguen con normalidade ao seu público.

Dende a primeira edición do Festival tivemos unha asistencia máis que notable e que crece ano tras ano, superando holgadamente o milleiro de persoas. A edición pasada recibíronse 140 obras das que se proxectaron 70, o cal demostra un interese crecente do público galego por coñeceren as películas que se fan en Galicia, con rescursos tanto públicos coma privados.

Nestes dous anos organizáronse exposicións, cine ao aire libre, concertos, xornadas de cine infantil, encontros entre público e directores, ademáis dos debates sobre a situación do audiovisual en Galicia.


CALENDARIO

As datas definitivas de éste ano son: do 4 ó 8 de Xuño (ambos inclusive). Haberá unha sesión de apertura que inclúe un concerto e a proxección, ó aire libre, das obras gañadoras da pasada edición. O longo da semana proxectarase en tres salas: O auditorio do Concello de Vigo, o Marco (Museo de arte contemporanea de Vigo) e unha sala no casco vello onde se pasarán os videoclips e se fará a festa de clausura. O domingo e derradeiro dia desta edición, celebrarase no auditorio do Concello, a Gala e a Entrega de premios; na que haberá unha proxección sorpresa, teatro interactivo en vivo, cotillón, e a participación activa de persoeiros recoñecidos da nosa cinematografía e do mundo da cultura.

OBXETIVOS DAS APORTACIONS

En primeiro lugar, deixar claro que todas as aportacións destinaranse, única e exclusivamente, á mellora da calidade do Festival en sí mesmo, xa que estamos a falar dun Festival sen ánimo de lucro.

O presuposto mínimo - 2100 € (sen incluir I.V.A e porcentaxe para Verkami) - estaría destinado a:

  • Deseño e maquetaxe de cartaces, programas, entradas e librillos informativos

950€

  • Desprazamentos e dietas dos invitados especiais

450€

  • Organización da gala e festa de peche

700€

O presuposto óptimo incluiría:

Alquiler de equipos, Montaxe dos bloques dos cortos, Animación da cabeceira do festival...

A nosa única fonte de financiación chéganos a través de pequenos patrocinadores a cambio de publicidade. O resto, coma as salas de proxección, camisolas, mupis promocionais, augas, catering, concerto, grupo de teatro, proxeccionistas... conseguímolo mediante colaboracións (Voluntarios, Concello de Vigo, Marco (museo de arte contemporáneo), Reencanto producións, Musiquina 33)

PRENSA


Ayuda al Primavera de Cine

Reflexión de Fernando Franco sobre o noso Festival e o cine en Galicia. Faro de Vigo do Domingo, 18.05.2014

RECOMPENSAS

A meirande parte das recompensas entregaranse antes da celebración do Festival, xa que están directamente relacionadas co mesmo. As recompensas restantes poderíanse materializar a partires da seguinte semana da súa celebración.

modelo de bono

modelo camisolas

Tede en conta que podedes deducir na renta as vosas aportacións, e lembrarvos, que se non se alcanza o mínimo do presuposto desexado, éstas non se farán efectivas. Podedes canxear as vosas recompensas na entrada do Auditorio do Concello no horario do Festival. E no caso de non poder vir, ou de que utilicedes as recompensas para facer un agasallo, podes ceder a tua recompensa a outra persoa, sempre que nos avises con anterioridade (para evitar fraude).

Animarvos a que colaboredes neste intercambio e podades disfrutar dun Festival de calidade (conseguindo as entradas máis baratas e algún agasllo extra), no que sodes unha parte esencial, xa que da axuda de moitos poucos e desta plataforma, depende o resultado final do mesmo.

Por que nestos tempos que corren, a nosa cultura vai subsistindo grazas as vosas diferentes colaboracións. Colabora ou difunde a nosa mensaxe (que para nos xa é un agasallo)!! . Anímate a vir!!. Grazas de todo corazón.

E non dubidedes que estamos á vosa disposición para calquera consulta (adxunto enlaces abaixo).

O Equipo

CONTACTO

Teléfono: (+34) 658 205 589 David Linares / (+34) 655 683 124 Ana Laura Pereira

Mail Festival [email protected]

Twitter Festival primaveradocine@primaveradocine

Web Festival
Facebook Festival


Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

#04 / Calendario

Hola a tod@s. Aquí tedes o calendario do Festival. Calquera dúbida ou comentario que teñades, podedes contactar con nos, ou a través do blogue ou de calquera outra das canles de contacto.

#02 / Algo das recompensas

Unha vez máis grazas a tod@s.

Aquí vos mando en imaxe algunha das recompensas (pode cambia-lo deseño)

bono de 5 entradas

adesivo 1

adesivo 2

Continuaremos mándandovos, a medida que se definan, máis imaxes do resto de recompensas.

Apertas

#01 / III Edición do Festival Primavera do Cine en Vigo


​En primeiro lugar agradecer as primeiras aportacións, que ilusión!!

O Festival Primaveira do Cine, non é se non, o resultado dun evento que nace da ilusión e o sacrificio dun grupo de amantes do cinema. As obras están feitas por diectores ou productores galeg@s (non teñen por que estar en lingua galega), ou en Galicia; cun xurado popular (o espectador decide co seu voto) e sen que importe a antiguedade da elaboración das obras.

Nesta edición haberá tres categorías: Longametraxes, Curtametraxes e Videoclips. As datas definitivas do Festival, éste ano, son: do 4 ó 8 de Xuño.

Por outra banda comentar que o Festival Primavera do Cine alberga, a maiores da Sección Oficial, unha serie de actividades que crean un espacio interactivo para co público: apertura con proxección o aire libre… ler máis

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies