❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Festival Fin de Curso 2024 - A Casa do Rock

Merca por adiantado e axuda a financiar o Mega Festival no Multiusos Fontes do Sar o sábado 15 de Xuño.

acasadorock escola

Un proyecto de

Categoría

11%
15
días
22
Aportaciones
349€
De 3.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Un ano máis estamos emocionados de compartir con vós o proxecto fin de curso da escola. Queremos facer deste evento algo realmente especial, cheo de música, alegría e talento. Para facelo realidade, precisamos da vosa axuda. Calquera contribución é benvida.

Contamos co voso apoio para convertir este festival único en Galicia nun éxito inesquecible.

Festival Fin de Curso 22/23
Festival Fin de Curso 22/23

A que destinaremos as vosas aportacións

O obxectivo desta campaña é cubrir parte dos gastos derivados da celebración deste gran festival.

Un evento que levamos preparando con moito esforzo e agarimo durante todo o curso, o cal require dunha gran infraestrutura e montaxe de 3 días por parte de todo o equipo.

Teremos dous pases e foto familia:

🎵 12:00h a 14:00h - Xornada de mañá

📸 15:20h - Faremos a nosa foto de familia: alumnado, amizades, voluntariado e equipo A Casa do Rock,

🎵 16:00h a 19:00h - Xornada de tarde

Pasarán polo escenario máis de 700 músicos/as en tan só 5 horas.

Festival Fin de Curso 22/23
Festival Fin de Curso 22/23

Información sobre o evento

Cada ano realizamos un festival de fin de curso, onde organizamos ao noso alumnado en grandes bandas que tocan éxitos clásicos e actuais.

Música, xogos, foodtrucks, inchables, deporte e sobretodo o festival máis grande elaborado ata o día de hoxe en Galicia.

📄 Toda a información sobre o Festival na nosa -> WEB

⏰ Podes consultar os horarios de todos os temas aquí: HORARIOS

🎫 Merca as entradas para o Festival a través da ligazón: ENTRADAS

Entrada de balde para menores de 5 anos, persoas con mobilidade reducida e todo o alumnado que participa tocando no festival.

Festival Fin de Curso 22/23
Festival Fin de Curso 22/23

Quen somos?

A Casa do Rock (ACDR) é un centro de formación e produción musical, un estudio de gravación, tenda de instrumentos, backline e concertos didácticos. Alén diso, ACDR é unha rede de persoas afecionadas á música e o ensino.

Equipo A Casa do Rock
Equipo A Casa do Rock

Recompensas

  • Lanyard

  • Camisetas

  • Pantalóns curtos

  • Gorras

  • Tazas

  • Bidóns

  • Paraugas

  • Mochilas

  • Suadoiros

  • Servizos de estudio, gravación, backline...

  • Bonos agasallos clases

  • Bonos descontos para a tenda

Elixe o que mellor se adapte a ti!!!

Data

Multiusos Fontes do Sar - Sábado 15 Xuño
Multiusos Fontes do Sar - Sábado 15 Xuño

*Podedes recoller as vosas recompensas a partir do venres 14 xuño na escola ou o mesmo día do evento no Multiusos.

Máis información

Podedes seguir todas as novas de A Casa do Rock na web https://www.acasadorock.com e nas nosas redes sociais:
https://www.instagram.com/acasadorock/
https://www.facebook.com/acasadorockescola

ACDR
ACDR

Preguntas frecuentes

  • Pódese escoller a talla de camiseta e suadoiro ?

    Si, por suposto, podes elixir a que ti prefiras, pero se precisas menos ou máis tamaño por suposto se pode cambiar pola que mellor che sente!!!! ;)

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

#01 / Quedan 16 días para completar o crowfunding e imos polo 11%

🎉 Quedan 16 días para finalizar o noso reto de pre-venda de merchandising neste crowdfunding de A Casa de Rock. 🎸

🚀 Grazas por acompañarnos neste gran acontecemento e agardamos conseguir o reto 🎶✨

✅ Info Verkami: https://vkm.is/acasadorock

✅ Info do festi: https://acasadorock.com/festival-fin-de-curso-23-24/

Agradecemos enormemente a difusión. 🙏 Compartide o noso crowdfunding entre amigos e familiares. 👫👭👬

Un saúdo de todo o equipo de A Casa de Rock. 🌟

Somos #equipo #acasadorock #Festival #findecurso2024 #canteira #ACDR #santiago #Compostela #obradoiro #obra @obradoiro.cab #SomosObra #multiusosfontesdosar #basketball #baloncesto #Eventos2024 @mfdsar

https://youtube.com/shorts/GV2JVpsNhF8

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies